Xa fai publicada a Orde do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) dispoñible na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou a través daa sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.
- Para facilitar a xestión destas axudas, ofrecemos a posibilidade de tramitala telefonicamente chamando ao 886151191.
