• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Admisión e matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Educación Física
    • Equipo de ACE
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Equipo de TICs
    • Música
    • Inglés
    • Matemáticas
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Calendario
  • Comedor
    • Información e inscrición
    • Menú mensual
  • Contido recente

User account menu

  • Iniciar sesión
a
Inicio
a
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Admisión e matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Educación Física
    • Equipo de ACE
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Equipo de TICs
    • Música
    • Inglés
    • Matemáticas
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
    • Información
  • Calendario
  • Comedor
    • Información e inscrición
    • Menú mensual
  • Contido recente

Miga de pan

  • Inicio
  • Proceso de admisión de alumnado 2026/2027

Proceso de admisión de alumnado 2026/2027

admisión_26_27

A continuación publicamos a información relativa ao proceso de admisión para o curso 2026/2027.

a) Normativa reguladora do procedemento:

- Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos...

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos ... (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

b) O prazo para poder realizar a admisión de alumnado para o curso 2026-2027 será do  1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Poden presentar a solicitude de admisión electrónicamente, a través do aplicativo: www.edu.xunta.es/admisionalumnado   ou de xeito presencial no centro educativo,  recollendo o impreso no colexio ou descargando o adxunto a esta publicación.

Para poder realizar a admisión deberase presentar:

  • O formulario ED550B e o anexo II-bis asinado polo dous proxenitores.
  • Fotocopia do libro de familia/certificado de nacemento
  • DNI (se non se autoriza a súa consulta).
  • No caso de que se dea algunha das seguintes situacións deberán presentar tamén os certificados pertinentes:
    •  En caso de divorcio: sentencia reguladora de separación ou divorcio.
    •  En caso de familia monoparental: certificado de familia monoparental.
    •  En caso de situación de vítimas de violencia de xénero: acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.
    •  En caso de acollemento: resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
    •  Certificado de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

c. Oferta de postos escolares para o curso 26/27.

               Curso                     Número de prazas

4º EDUCACIÓN INFANTIL  37 prazas + 3 prazas NEAE

5º EDUCACIÓN INFANTIL 5 prazas

6º EDUCACIÓN INFANTIL 4 prazas

1º  EDUCACIÓN PRIMARIA 0 prazas

2º EDUCACIÓN PRIMARIA  0 prazas

3º EDUCACIÓN PRIMARIA  0 prazas

4º EDUCACIÓN PRIMARIA 0  prazas

5º EDUCACIÓN PRIMARIA  0 prazas

6º EDUCACIÓN PRIMARIA 0 prazas

d) Calendario de actuacións:

DATAS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo

Presentación de documentación (no caso de baremar): 5 días hábiles entre o 21 de marzo e o 3 de abril.

Publicación dos listados provisionais de alumnado admitido e non admitido: 27 de abril

Prazo de reclamación das listas provisionais: 5 días hábiles dende a publicación das listas provisionais

Publicación listas definitivas admitidos e non admitidos:15 de maio

Formalizar matrícula: Do 20 ao 30 de xuño

 e) Outra información de interese:

- As solicitudes presentaranse unicamente nun centro, no propio impreso hai un apartado para elixir alternativas á primeira opción.

  • O noso colexio non organiza unha xornada de portas abertas como tal, xa que as nosas portas sempre están abertas, polo que se queredes ver a nosa escola -tanto pola mañá como pola tarde- non tedes máis que poñervos en contacto connosco chamando ao 886151190 ou vindo polo cole. 

 

 

Admisión e matrícula
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CEIP San Tomé