Brigadas patio limpo41 vistasO noso alumnado divértese axudando a manter o patio do cole limpo, mentres aprende a respetar e coidar do material comunitario do centro.
Visita do alumnado do CEP Marcos da Portela41 vistasNa convivencia do 10 de maio de 2023, foron os alumnos e alumnas de 5º curso do CEP Marcos da Portela os que se achegaron ao CEIP San Benito de Lérez. Desfrutamos dunha xornada xuntos, onde fixemos xogos para coñecernos e compartimos tempo de lecer e unha merendola. Unha experiencia inolvidable na que o pasamos pipa e se forxaron novas amizades.
Visita ao Museo de Pontevedra41 vistasO alumnado de 1° ciclo saímos esta semana de visita ao Museo de Pontevedra para coñecelo en proximidade. Foi unha experiencia moi interesante e lúdica. Vimos escultura e pintura e aínda quedou moito por ver. Invitáronnos a volver.
Volta ao cole: 3 anos41 vistasEsta semana comezou a moi ansiada volta ao cole, sendo a máis destacable a dos pequerrechos de tres anos, pero que xa se portan coma os maiores.