Anuncios
Requisitos do completado
Hello everyone!!
Nos seguintes enlaces atoparedes cancións e pequenas historias coas que os vosos fillos/as poden aprender Inglés dun xeito lúdico. É recomendable que as vexades xuntos e que interactuedes con eles para cantar, facer os xestos que requiran as cancións, que lles preguntedes o que entenden dos contos... A mellor maneira de aprender unha lingua é por imitación. E a mellor aprendizaxe para os nenos/as de E. Infantil sempre vai ser aquela na que gocen dos contidos a aprender e, especialmente, da vosa compaña na casa e a dos mestres/mestras no cole. Irei engadindo máis recursos que traballaremos ao longo do curso para que poidades acceder con regularidade e velos na casa.
Un saúdo da mestra de Inglés
(Ningunha nova foi aínda comentada)