Ámbito Científico-matemático. 3ºEP
Section outline
-
Ola nenas e nenos!
Por fin xa temos preparada a nosa Aula Virtual. Desde aquí poderedes acceder aos temas de Ciencias que traballamos na aula e poderedes ver os vídeos todas as veces que queirades. Lémbrovos algunhas cousiñas que vos comentei na clase:
- Non é obrigatorio entrar na Aula Virtual. Todo o que aparece nestas presentacións témolo no caderno. Este é un recurso a maiores para que poidades ver os temas tal e como os aprendemos na aula.
- Todo o que entra nas probas escritas está no caderno. É importante que estudedes pola vosa libreta xa que aí temos suliñadas cousas importantes como as definicións e todo aquelo que vos indico na clase.
- O emprego continuado do ordenador non é bo para a saúde, polo que non empreguedes este recurso para facer a lectura diaria do tema.
- Como xa falamos, é importante que cando empreguedes a Aula Virtual haxa un adulto na casa. Os vídeos insertados nos temas lévavos directamente a youtube. En internet hai moitos contidos que non son axeitados para a vosa idade e moitos outros que non son certos.
- Ao final de cada tema poderedes acceder á música que empregamos nos momentos de traballo individual. Se vos axuda a concentrarvos, pòdedes empregala para outras tarefas.
Preparados/as para comezar????
-
Neste apartado deixaremos anotadas as datas das probas que faremos na aula.