Insertar un vídeo desde Youtube
Como insertar na túa páxina un vídeo de Youtube
1.- Abre Youtube (http://www.youtube.com) no navegador e busca o vídeo que desexas insertar na túa páxina.
2.- Na parte inferior do recadro onde se visualiza o vídeo verás tres enlaces titulados: "Añadir a", "Compartir", "··· Más". → Pulsa sobre o enlace "Compartir"
3.- Aparecen outras 3 opcións: "Compartir", "Insertar", "Enviar por correo". → Pulsa sobre a opción "Insertar"
4.- Verás que aparece unha liña de código que empeza por "<iframe ... ...". → Selecciona e copia toda esa liña de código, completa.
5.- No editor de texto de Moodle, pulsa sobre o botón [<>] (Editar código HTML), que está na barra de botóns, ao lado do selector de tamaño de letra.
6.- Pega a liña de código que copiaches, ao final de todo o código que aparece aqui.
7.- Finalmente garda os cambios.