• As plantas son seres vivos que necesitan auga e luz para vivir. Unha das principais diferencias entre un animal e unha planta é que os animais precisan alimentos para vivir coma vexetais, ovos ou outros animais, sen embargo as plantas fabrican o seu propio alimento usando auga, luz e aire.

Teñen as plantas as mesmas necesidades ca nós?

Facemos a actividade " Que necesita as plantas para vivir? "

  • As plantas teñen un ciclo vital no que pasan por varias etapas: 
      1. Xerminación 
      2. Crecemento
      3. Reprodución
      4. Morte

 Imos a ver en que consiste cada unha destas etapas e na libreta debemos copiar o nome de  cada unha delas  xunto ao seu significado. Despois faremos un desplegable no que vemos o ciclo vital da planta.

  • AS PARTES DA PLANTA

As partes dunha planta son raíz, talo e follas. Moitas prantas teñen ademáis flores que darán lugar aos froitos.

Cada unha destas partes ten a súa propia función.

Coa axuda do video temos que explcar no caderno para que serve cada unha destas partes.

Despois pega a planta e pon o nome de cada parte no seu lugar.

  • Agora imos a CREAR UN PELOCHO. Le e segue as instrucións

  1. Colocar as semente no fondo da media
  2. Encher con terra
  3. Atar a media e darlle forma ás orellas e naris con gomas.
  4. Pegar uns ollos con cola
  5. Colocar o pelocho nun recipiente cun pouco de auga.
  6.  Decorar o recipiente.

Última modificación: luns, 10 de marzo de 2025, 7:54 PM