Ir un chisco máis alá.
Probablemente o maior problema de moodle sexa a increible cantidade de posibilidades que ofrece.
Outras plataformas de formación a distancia elearning céntranse en ofertar só algúns elementos pero facelo dun xeito moi amigable.
Algunhas tiran do potencial base da empresa cas fornece como clasroom de google ou learn academy de microsoft. Outras forman parte de todo un imperio da educación como khan-academy.
Pero o maior problema de moodle e tamén a súa maior fortaleza: existen múltiples opción xa que calquera pode engadir novas opcións.
Se andades a procurar un algo máis achégo algunha referencia das 55.800.000 que ofrece google.
5. O libro de cualificacións
A práctica totalidade das actividades e tarefas que podemos propoñer ao noso alumnado na aula virtual pode ser avaliado dentro da aula.
Os foros, os glosarios, as bases de datos, os obradoiros, as leccións, as probas,... xeran manual ou automaticamente un espazo de avaliación.
Como garda o aula virtual os resultados da avaliación. No libro de cualificacións.
O libro de cualificacións é accesible polo profesorado e tamén polo alumnado.
Cando se deseña un curso pódese retirar o acceso ao alumnado.
O profesorado dun curso accede a todos os datos. O alumnado só pode ver os que lle son propios.
Se queres afondar sobre o tema podes consultar os capítulos que correspondan dos manuais en formato pdf que compartimos no apartado documentación en pdf.
Por exemplo, no Manual de Moodle 3.3 da UPM, podedes ver o capítulo 2.4 (px 68) referido a xestión das cualificacións.
Tamén hai referencias no curso da URJC da que falamos na "folla" anterior deste caderno.
Para ver máis achégovos os resultados dunha procura do término gradebook feita dentro de MoodleDocs.