Titoriais
| Sitio: | Aula Virtual: CEIP de Pousada Carcacía |
| Curso: | TIC - Axudas para a Aula Virtual |
| Libro: | Titoriais |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 2:41 PM |
Contidos
Xuntamos neste apartado varias listas de reprodución e algún documento que conteñen guías básicas para o uso da aula virtual por mestres e mestras.
1.- Os compañeiros e compañeiras de WebDinámicas e AMTEGA teñen preparados 6 vídeos de nivel introdutorio que reunimos nesta páxina.
2.- Na rede podes atopar moitos outros titoriais de nivel inicial dirixidos a mestras e mestres. Dous exemplos.
3.- Cando xa tes a formación inicial e dicides poñerte atópaste cunha traba... nais e pais e nenas e nenos non están formados. Uns recursos para compartir con eles.
4.- Para as e os que sempre preferimos a letra impresa, impresa en pantalla, tamén temos recursos.
Vídeos de EspazoAbalar
Vídeo titoriais de AMTEGA, EspazoAbalar e Webs Dinámicas compartidos súa canle en Youtube
Os cinco primeiros vídeos contan en menos de 17 min de visualización todo o imprescindible para manexarse na aula virtual.
,
1. Crear cursos
,
,
2. Organización e estética básica
,
,
3. Tarefas para o alumnado
,
,
4. Corrixir tarefas do alumnado
,
,
5. Creación e xestión de foros
Como engadido final un sexto vídeo de só 9 minutos para aprender a crear probas e actividades auto avaliables.
Se ves de ver os cinco vídeos anteriores "de maratón" fágoche unha proposta: para, abre a aula virtual, vai a túa zona de prácticas e practica o anterior.
Temporizador,
,
Ben!, agora podemos ver un novo vídeo, de 9 minutos, cunha referencia básica a varios tipos de actividade.
,
6. Crear actividades e probas
Para compartir co alumnado e familias
En youtube existen múltiples guías de iniciación para o alumnado. Case que todas proceden de países onde a plataforma leva máis tempo sendo utilizada con regularidade: México, Arxentina, Chile,...
1.- Moito do noso alumnado accede á aula virtual cunha tableta ou un móbil. Este é un titorial para usar a app de Moodle dispoñible para o tabletas e móbiles co sistema operativo Android e para móbiles e tabletas de Apple.
,
2.- Para o alumnado que utilice un navegador de internet para acceder a nosa aula virtual podémoslle compartir este outro vídeo:
,
Un consello que tamén podemos compartir: se precisas entender mellor algún concepto da aula virtual abre un buscador, fai unha procura tipo Moodle + o que queres aprender e terás unha boa resposta se fixeches unha boa pregunta.
Podes utilizar buscadores como o de Duckduckgo*, ou os máis clásicos (devoradores dos teus datos privados) como o de Google (que é o que usan todas as máquinas de Apple -Safari busca en google- e tamén case que todas as máquinas que usan Android) ou o Bing de Microsoft (por defecto é o que usan as máquinas con Windows)
Tamén podes facer a mesma procura en youtube e ver un titorial de vídeo.
* Duckduckgo é un buscador que non persigue apropiarse dos nosos datos privados nin dos do alumnado. O negocio dos buscadores son os nosos datos privados. Ligazón.
Letra de molde
Algunhas e algúns seguimos a preferir ler que ver vídeo titoriais e, por sorte, aínda podedes ler algúns traballos de interese. Unha mínima escolma:
1. Ines Andrés ven de publicar no portal "en la nube TIC" un artigo/titorial que titulou "Moodle básico, para quienes se pelean con Moodle". Non pretende formarnos para inciar o traballo na aula senón clarexar algunhas dúbidas que podemos ter e mostrar esas cousas "que temos que saber para pelxear co Moodle". Con estes consellos de Ines podedes ter uns cursos moi ben presentados e agradables de ver.
2.- Raiola Networks (unha empresa de servizos de internet) comparte un manual de interese para achegarse a Moodle pero saltarse a parte da instalación do sistema (rInDI' tlhInganpu'*)

