Ir un chisco máis alá.
2. A Estética e o scroll da morte.
* Cando un curso de Moodle é extenso as novas actividades están situadas moi abaixo e temos que baixar e baixar e baixar pola pantalla coa roda do rato. Tanto e tanto "scroll" condúcenos ata o "scroll of death"
Un dos primeiro vídeos titoriais propostos, o nº 2 de Web Dinámicas introdúcenos no uso das etiquetas para mellorar a parte estética dos nosos cursos,
Tamén nas páxinas de nivel inicial fixemos referencia a un artigo de Inés Andres publicada en "en la nube TIC" titulada "Moodle básico, para quienes se pelean con Moodle". Neste artigo fai referencia ao uso das lapelas para organizar mellor os contidos e evitar o famoso "scroll da morte" de moodle.
Sobre o scroll da morte vai o seguinte artigo que referencio, tamén publicado "en la nube TIC" por Andoni Sanz que tenta de solucionar o problema desde varias ópticas moi interesantes, este é o artigo.
Outra aproximación aa unha solución do problema a podemos ver Scroll de la muerte - debate - ideas - Moodle en Español dentro dos foros de moodle.
En inglés falan do "scroll of Death" e ten a súa entrada nas páxinas de referencia de moodle
E unha quinta aproximación a podedes atopar en Secciones flexibles; Enseñanza flexible: una revisión del plugin de Moodle publicado por Claudia Dent nas páxinas de Moodledocs.
A maioría das solucións pasan por tres conceptos:
- Utilizar formatos de cursos diferentes de semanal e temas.
- Agrupar e colapsar as actividades.
- Ordenar, reordenar e destacar as actividades para achegar ao alto da pantalla as novas actividades
Se preferides vídeos podemos ver 2 de bastante interese.
,
Neste outro vídeo inferior podedes ver unha primeira solución ao problema do scroll que tedes xa aplicada no deseño básico que demos na nosa aula virtual ao comezo do curso 2020/21 (cada sección ten a súa páxina)