Ir un chisco máis alá.
6. Escalas
Por defecto a aula virtual sempre propón cualificar ao alumnado de 0 a 100 pero podemos modificalo.
O sistema español prefire a escala que vai do 1 ao 10, non temos cero, e podemos indicarlle a Moodle a nosa preferencia (en cada actividade) marcando o 10 como valor máximo.
Así podemos indicar que unha tarefa cualificarase cunha nota numérica con un máximo de 10 puntos (pero Moodle admitiría o 0)
Xa esta? Non, se estamos, por exemplo, a facer unha actividade de tipo proba e valoramos 1 punto por cada resposta acertada e temos 14 preguntas entón a proba valorarémola de 0 a 14 (tranquilos, Moodle e nos entendemos que 7 de 13 é un 5 sobre 10 pero explicarllo as nais e pais e ao alumnado é outra cousa)
E se non queremos cualificar "numericamente", neste caso podemos usar unha escala,
...dentro vídeo!
Que acelere...
Pero moi claro... algúns pensadores da educación insisten en utilizar escalas na educación primaria e incluso insisten en desvincular as escalas utilizadas dos sistemas de "notas" habituais.
En 3ºB utilizabamos, e actualmente continuamos as veces, unha escala por colores (de peor a mellor)
marrón-marrón-marrón, marrón, verde-marrón,
verde, verde-violeta, violeta e supervioleta!.
E se unha alumna/o ten nunha actividade, de sociais por exemplo, un 7 sobre 10, e na proba referida acadou 7 de 14 e, máis a máis, nunha tarefa ten unha cualificación de "violeta"...
a media cal é?... 7?
O deixamos para outra entrada? Vale, imos, poñede os cintos.
.
En consecuencia a escala de cores convertida a valores numéricos sobre 10 ben sendo:
| Valor na escala | orde | valor sobre 10 | Valor na escala | orde | valor sobre 10 | |
| Marrón-Marrón-Marrón | 0 | 0.0 | Marrón | 1 | 1.7 | |
| Verde-Marróm | 2 | 3.3 | Verde | 3 | 5.0 | |
| Verde-violeta | 4 | 6.7 | Violeta | 5 | 8.3 | |
| Supervioleta | 6 | 10 |
O que Moodle garda e que estam,os a usar a escala de cores e o violeta e a sexta nota das sete posibles, como Moodle sempre comeza no, ao primeiro item da escala o valor 0, ao sexto ítem dalle o valor de 5 sobre 6 posibles (0.83333333 en tanto por un).
No caso das cualificación citadas teriamos:
- a primeira nota era un 7 sobre 10 que Moodle converte internamente nun 0.7 xa que as contas internas fanse en tanto por un (part per unit) que é a relación que existe entre a parte o todo.
- A segunda nota: 7 acertos de 14 posibles, 7/14 = 0.5 en tanto por un.
- Rematamos, un violeta é a sexta mellor nota de sete posibles, como sempre comezamos a contar polo cero, entón, 5 de 6 = 5/6 = 0.83 (repito, ao primeiro valor da escala asígnaselle o cero)
Vale, e a nota é... pois depende,
Se facemos unha media aritmética ordinaria ou se ponderamos as distintas probas, ou...
Cunha media aritmética simple: Se as tres actividades teñen o mesmo peso, a mesma ponderación, a nota sería (0.7+0.5+0.83)/3= 0,676666666 no interno da alua virtual, no libro de cualificación se mostraría (se o axustamos a escala sobre 10 e sen decimais) como un 7.
Conclusión: Moodle, A aula virtual, permite utilizar escalas de cualificación numéricas e non numéricas, permite compaxinar rangos de valoración diferentes (de 0 a 10, de 0 a 3, de 0 a 12, de 0 a 100,...) e permite facer medias simples e ponderadas (de 2 tipos) pero tamén medianas, modas, máximos, mínimos e ata podemos definir a nosa propia función de cálculo... e o Moodle non se lia e nos non nos liamos... explicalo ao alumnado e as familias xa ven sendo outro poema.