Ir un chisco máis alá.
5. O libro de cualificacións
A práctica totalidade das actividades e tarefas que podemos propoñer ao noso alumnado na aula virtual pode ser avaliado dentro da aula.
Os foros, os glosarios, as bases de datos, os obradoiros, as leccións, as probas,... xeran manual ou automaticamente un espazo de avaliación.
Como garda o aula virtual os resultados da avaliación. No libro de cualificacións.
O libro de cualificacións é accesible polo profesorado e tamén polo alumnado.
Cando se deseña un curso pódese retirar o acceso ao alumnado.
O profesorado dun curso accede a todos os datos. O alumnado só pode ver os que lle son propios.
Se queres afondar sobre o tema podes consultar os capítulos que correspondan dos manuais en formato pdf que compartimos no apartado documentación en pdf.
Por exemplo, no Manual de Moodle 3.3 da UPM, podedes ver o capítulo 2.4 (px 68) referido a xestión das cualificacións.
Tamén hai referencias no curso da URJC da que falamos na "folla" anterior deste caderno.
Para ver máis achégovos os resultados dunha procura do término gradebook feita dentro de MoodleDocs.