O noso centro participou na iniciativa educativa e divulgativa Polos Eclipsados, impulsada pola Xunta de Galicia para aproveitar o acontecemento que sucederá o 12 de agosto, a eclipse solar total.
INFORMACIÓN
O noso centro participou no curso 25-26 na iniciativa educativa e divulgativa Polos Eclipsados, impulsada pola Xunta de Galicia para aproveitar o acontecemento que sucederá o 12 de agosto, a eclipse solar total. A nosa proposta STEM “Eclipse poética. Haikus do Universo con photon: poesía, ciencia e robótica baixo a eclipse” foi recoñecida por fomentar a elaboración de pequenos poemas de tres versos relacionados co espazo, as estrelas, a eclipse e o Universo. Ademais tamén se traballou co robot Photon para explorar o espazo. A iniciativa culminouse cunha feira Steam no noso centro onde se mostrou unha instalación interactiva titulada Eclipsando Portofaro.
DOCUMENTACIÓN DA NOSA PROPOSTA



