Consideracións previas
Consideracións previas:
Ao longo deste ano académico imos ter que lidiar con experiencias novas, con terminoloxía descoñecida, con cambios nos protocolos, con informacións confusas...
Aínda que é imposible prever o que pode ocurrir, o mellor xeito de afrontalo é anticiparse ao maior número de casuísticas posibles sabendo como temos que actuar en cada unha delas e aproveitando esa previsión para outras imprevistas que poidan xurdir.
Antes de analizar as situacións máis probables que nos podemos atopar, convén aclarar unha serie de conceptos cos que nos temos que familiarizar:
- Corentena e aillamento non son o mesmo.
O aillamento é unha medida que se aplica a unha persoa positiva para que non entre en contacto con outras persoas, incluso dentro da súa propia casa.
Seguramente ao longo dos seguintes meses nos atopemos con alumnado ou familiares directos que estean en corentena ou aillados. O alumnado non acudirá ao centro tanto se está en corentena ou aillamento, pero se é un familiar directo a situación varía, xa que en caso de corentena si poderán vir ao colexio.
A norma que podería resumir todo isto sería que "ser contacto dun contacto directo non exime de ir ao colexio nin de ir traballar", a situación cambia se o contacto directo pasa a ser un positivo, momento no que eu me convirto en contacto directo e pasarei a corentena.
- As familias non poden decidir que os seus fillos non acudan á escola por medo.
- Presentar síntomas compatibles coa covid-19. Neste caso a xustifiación da ausencia pode ser telefónica ou por comunicación directa.
- Prescrición médica por enfermidade propia ou dun familiar convivinte. Para esta situación existe unha solicitude normalizada que se envía á Inspección Educativa e á Xefatura Territorial, e a concesión deste permiso depende fundamentalmente dun informe médico concluínte. Non sirven as recomendacións orais, o informe por escrito é definitivo.
- Estar en período de corentena por contacto directo cun positivo.
- Concepto de contacto directo ou estreito (atoparemos as dúas nomenclaturas):
- Considérase contacto estreito cando a una estivemos cunha persoa a unha distancia < 2 metros arredor durante máis de 15 minutos, salvo que se poida asegurar que se fixo un uso adecuado da máscara.
- Tamén se consideran contactos estreitos os convivintes.
- O período a considerar para a avaliación dos contactos estreitos será desde 2 días antes do inicio de síntomas do caso ata o momento no que o caso é aillado.