O LIBRO DAS MULLERES CIENTÍFICAS
| Sitio: | Aula Virtual - O Piñeiriño |
| Curso: | EXPERICIENCIA |
| Libro: | O LIBRO DAS MULLERES CIENTÍFICAS |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 21 de novembro de 2025, 3:31 PM |
Descrición
Vida e obra de mulleres científicas.
Táboa de contidos
- ADRIANA OCAMPO
- ALICIA ESTÉVEZ TORANZO
- AMALIE EMMY NOETHER
- ÁNGELA RUIZ ROBLES
- ÁNXELES ALVARIÑO GONZÁLEZ
- AUGUSTA ADA BYRON
- BÁRBARA McCLINTOCK
- DOROTHY CROWFOOT HODGKIN
- HYPATIA DE ALEJANDRÍA
- INMACULADA PAZ ANDRADE
- JANE GOODALL
- LAURA ELENA SÁNCHEZ PIÑÓN
- MARGARITA SALAS FALGUERAS
- MARIE CURIE
- MARY ANNING
- ROSALIND ELSIE FRANKLIN
- SOPHIE GERMAIN
ADRIANA OCAMPO
- Naceu en Barranquilla (Colombia), no 1955.- Xeóloga e científica.
- Traballa na NASA.
- Descubriu o cráter de impacto Chicxulub, na península do Yucatán, en México.
ALICIA ESTÉVEZ TORANZO
- É a segunda muller na historia que ingresou como académica da "Real Academia Galega de Ciencias".- Naceu en Pontevedra, o 20 de novembro de 1955.
- É licenciada en Farmacia, Catedrática de Microbioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e responsable do Instituto de Acuicultura da Facultade Bioloxía da mesma.
- Os seus estudos sobre patoloxías de peixes e moluscos serven, no campo da acuicultura, para a detección e o tratamento de enfermidades bacterianas destes seres vivos.
AMALIE EMMY NOETHER
- Naceu en
Baviera (Alemania), o 23 de marzo de 1882 e morreu nos Estados Unidos, o 14 de abril de 1935.- Adicouse ás matemáticas e á física. Elaborou o "Teorema de Noether".
- Conseguiu investigar en matemáticas cando en Alemania as mulleres non podían ir á universidade.
ÁNGELA RUIZ ROBLES
- Unha mestra exemplar.- Naceu na provincia de León e dende os 21 anos viviu en Ferrol (A Coruña).
- Gran pedagoga, investigadora e inventora, preocupada pola educación das clases humildes.
- Inventou o precursor do libro electrónico: A ENCICLOPEDIA MECÁNICA.
ÁNXELES ALVARIÑO GONZÁLEZ
- Naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubr
o de 1916.- Foi precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional.
- Chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños.
- Ten unha placa no seu honor no campus de Esteiro por ser unha das mulleres máis destacadas no mundo da ciencia.
- Recibiu a Medalla de Plata de Galicia no ano 1993.
- Un buque oceanográfico leva o seu nome.
- Faleceu o 29 de maio de 2005 en California (Estados Unidos).
AUGUSTA ADA BYRON
- Naceu en Londres en 1815 e morreu en 1852, aos 37 anos.- Filla do poeta Lord Byron e dunha baronesa.
- Matemática programadora, física, informática, teórica e enxeñeira.
- O seu maior labor foi crear un logaritmo para que chegasemos, co paso do tempo, a desenvolver o primeiro programa de ordenador.
BÁRBARA McCLINTOCK
- Naceu en 1902, nos Estados Unidos e morreu en 1992.- Xenetista e botánica, especialista en citoxenética.
- Estudou a xenética do millo.
- Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1983.
DOROTHY CROWFOOT HODGKIN
- Naceu en El Cairo (Exipto) en 1910.- Química e profesora universitaria inglesa.
- Galardonada co Premio Nobel de Química en 1964.
- Pioneira na técnica de determinación de estructuras de substancias de interese bioquímico mediante raios X.
- Descubriu a estructura tridimensional de biomoléculas como: colesterol (1937), penicilina (1945), vitamina B12 (1954) e insulina (1969).
HYPATIA DE ALEJANDRÍA
- Naceu no ano 370 D.C. en Alexandría.- Seu pai foi Teón de Alejandría, filósofo e matemático.
- Foi a primeira muller científica.
- Filósofa, matemática, astrónoma e música.
- Foi mestra e escribiu varios documentos que se perderon.
- Construiu o primeiro astrolabio.
- Morreu asasinada.
INMACULADA PAZ ANDRADE
- Primeira muller catedrática de física da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e primeira en recibir o premio "Pontevedreses de Honor".
- É unha referencia mundial nos campos da microcalorimetría, a termoxénese e a análise térmica diferencial.
- Entre outros premios, recibiu a insignia de ouro da USC, o primeiro premio María Wonemburguer e a medalla Castelao.
JANE GOODALL
- Naceu en Londres, en 1934.- Mensaxeira da Paz.
- É primatóloga, estuda aos chimpancés.
LAURA ELENA SÁNCHEZ PIÑÓN
- Naceu en Bos Aires, o 5 de decembro de 1954. É unha bióloga e política galega.- Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e foi nomeada Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria do 2005 ao 2009.
- Os seus intereses científicos céntranse en diversos aspectos da Xenética dos peixes: a citoxenética, manipulación cromosómica, xinoxenéticos, triploides,...
- Recentemente ten creado o laboratorio do "Pez Zebra" para o estudo da base xenética de varios caracteres de interese na acuicultura.
MARGARITA SALAS FALGUERAS
- Pioneira no c
oñecemento dos mecanismos da replicación das características do ADN.- Naceu en Canero (Asturias) o 30 de novembro de 1938.
- Bioquímica, membro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
- Estudou o virus PHI29, o que permitiu descubrir como se producen as copias de material xenético necesarias para a reproducción e o desenvolvemento dos organismos.
MARIE CURIE
- Naceu en Varsovia (Polonia).- Pioneira no campo da radiactividade.
- Primeira persoa en recibir dous Premios Nobel.
- Primeira muller en dar clases na Universidade de París.
MARY ANNING
- Reino Unido. Século XIX.- Paleontóloga.
- Descubriu esqueletos de dinosaurios. Grandes avances no estudo da Prehistoria.
- Foi rexeitada pola comunidade científica británica pola súa condición social e relixiosa.
ROSALIND ELSIE FRANKLIN
- Naceu en 1920 e morreu en 1958, en Londres.- Estudou na universidade as carreiras de Químia, Física e Matemáticas e obtivo unha praza de investigadora en 1942.
- Un dos seus maiores logros foi tomar imaxes do ADN por difracción de raios X. Gracias a isto, avanzouse moito no campo da xenética.
- Tamén investigou sobre as estructuras moleculares dos virus, realizando grandes descubrimentos.
- A súa condición de muller foi sempre un atranco. O seu traballo foille recoñecido só despois de morta.
SOPHIE GERMAIN

- Adicouse ao estudo das MATEMÁTICAS.
- Naceu en París no ano 1776 e morreu no ano 1831.
- Fixo importantes aportacións no campo das matemáticas.
- CURIOSIDADE: Naquela época as mulleres non estudaban así que tivo que presentar os seus traballos co nome dun home. Dise que asistiu a algunhas clases vestida de home.