Sei que nestes días a situación é moi confusa, á preocupación por esta pandemia únese o desconcerto das normas para aplicar para as avaliacións, a incerteza sobre se volveremos ou non, o descoñecemento en moitos casos das tecnoloxías que poden axudarnos.

Aínda que agora pareza difícil de imaxinar, aos poucos, volverá a normalidade.

Tentemos darlle a volta a esta tortilla: aprendamos a ver o positivo e sacar rendemento desta nova situación…hai un longo camiño por percorrer e moitas cousas novas por aprender.

Mentres nolo manden, quedarémonos na casa, e respectaremos as normas que nos vaian indicando as autoridades sanitarias e educativas. Tentaremos aprender a vivir e ensinar dunha forma organizada, divertida e distinta.

As experiencias novas son unha oportunidade única para aprender e descubrir novos horizontes, non as desperdiciemos.

Ben, imos ao gran: O noso traballo

  1. Eu irei colgando de luns a venres novos contidos.
  2. Entre eles poñereivos tamén tarefas a realizar.
  3. Procurarei que se poidan facer nunha hora, para que vos quede tempo para atender aos vosos alumnos e alumnas.
  4. Engadirei vídeo titoriais sinxelos e curtos para que poidades ver paso a paso como se fan as tarefas. As dúbidas pregúntanse no foro de cada día
  5. As tarefas envíanse en formato pdf nun arquivo que pese menos de 1  Mb a través da propia tarefa pulsando sobre o botón enviar.
  6. Tentaremos vernos en vídeo chamada unha vez por semana para compartir opinións e aclarar dúbidas.
Última modificación: luns, 1 de xuño de 2020, 10:49 PM