Para conectarse á Cortadora Láser e usar o software de deseño, debemos seguir os seguintes pasos:
Conectámonos co ordenador á Cortadora Láser (na rede WiFi detectaremos (MrBEAM-XXX ou similar)
Seleccionamos a rede MrBeam-xxxx. (O contrasinal é: mrbeamsetup)
Lembra que cando nos conectamos á rede da Cortadora Láser, deixamos de ter WiFi no noso ordenador.
Para acceder ao software da Cortadora escribimos no Navegador de Internet, na barra de dirección do navegador a seguinte dirección: http://10.250.250.1
Para iniciar sesión pídenos o correo electrónico e contrasinal empregados para o rexistro.