• Estimadas familias: Benvidos ao espazo formativo do CEIP Otero Pedrayo.

      Xa estamos en marcha no novo curso 2024-2025  e imos utilizar a nosa Aula Virtual para seguir aprendendo, compartir ideas e recursos e navegar pola rede Internet.

      Utilizaremos os cursos da nosa aula para traballar tanto dende casa, como dende o cole. Neste espazo cada alumna/o poderá acceder as tarefas do seu curso.

      Todo o alumnado accederá co seu usuario e contrasinal persoal.

      Para acceder aos cursos deberedes:

      1) Acceder ao bloque ACCESO situado arriba desta páxina á dereita.

      2) Introducir nome  de USUARIO e CONTRASINAL persoal recibido pola aplicación abalarMóbil.

      Unha vez realizada a autenticación, xa podedes acceder aos vosos cursos deste espazo virtual.

      Lembrade modificar o contrasinal no primeiro acceso

      Nota:  A continuación tedes en formato PDF un titorial para acceder e participar nos foros de cada curso.

      Titorial de acceso e uso dos foros da aula virtual.