O 30 de xaneiro, coinicidindo co día da Paz e da Non Violencia Escolar, o alumnado decorou pombas da paz, e colocounas nas corticeiras formando a palabra PAZ, coa axuda das súas titoras e titores.
Tamén, na aula da profe Patri, fixeron un móbil da paz, visible dende o patio, con pombas moi coloridas que reflicten a luz.
Ao longo da mañá, alumnado de distintos cursos, leu versos e historias relacionados coa paz. Podedes escoitalos clicando nestas pombas:
Clicando na seguinte imaxe, podedes ver algunhas das cousas que fixemos, e que iremos actualizando ao longo da próxima semana.
