Curso: AS COUSAS DO 1º TRIMESTRE | cpdc

    • Podemos anotar suxerencias lectoras ou de actividades e prantexar dúbidas

  • 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
  • Actividades para o 25 de Novembro

    Tedes un “wakelet” no que se inclúen 4 relatos xornalísticos  e outros recursos para que vos servan de punto de partida  para estas tarefas.

     

    -Debate nas aulas, ao acubillo do traballo de valores e socionatural, arredor da relación entre coronavirus e violencia de xénero.

    Podedes elaborar un documento na aula coas conclusións do debate

     

    - Traballo arredor de Concepción Arenal. Quen foi? Como contribuiu á igualdade de xénero.

    Podedes comentar na aula a frase “Abride as escolas e pecharán os cárceres”

    Podedes elaborar un documento na aula coas conclusións do debate.

    Visionado para os pequenos do capítulo dos Lunnis arredor de Concepción Arenal.

     

    -O libro recomendado do mes. A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES

     Colaboración (voluntaria) na preparación do conto “A historia dos bonobos con lentes”.

    Lede o libro recomendado e preparade debuxos das distintas escenas. Serviránnos de fondo para unha videolectura. Se algún grupiño de nenos quere facer o audio que avise.

     

    Mochiliña de lecturas temáticas. Rolará polas aulas dende esta semana.