Curso: AS COUSAS DA BIBLIO. CURSO 21-22 | cpdc
-
Celebramos o Día das Bibliotecas con moitos proxectos en marcha. Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. "A Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración en lembranza do lume que destruiu a Biblioteca de Sarajevo durante o conflicto dos Balcanes en 1992. Despois deste feito, o médico e historiador croata Mirko D. Grmek inventou a palabra memoricidio para definir a destrución da memoria e do tesouro cultural dun pobo.
"Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móviles… Todas elas dan acubillo a grandes tesouros, e destruilas ou non protexelas é un memoricidio..." de aí a necesidade de salvagardar o patrimonio inmaterial e textual.
Un dos mellores xeitos de facelo é darlle publicidade e uso, abrir as súas portas, amosar os seus recunchos, traer á luz os seus fondos e e lelos, contruindo emocións e aprendizaxes na diversidade dos seus espazos . E sobre todo falar delas, das bibliotecas de todo o mundo; e falar nelas, rescatando coas nosas pescudas todo o que os libros teñen que nos ensinar e nos lembrar; e facelo ademáis dun xeito crítico e libre de manipulacións.
"A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."As bibliotecas escolares celebran neste día que son "xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir".A biblioteca escolar e a da aula son as primeiras bibliotecas que lles aprenden aos nenos e nenas cousas sobre o mundo que non ven directamente e é moi importante mimalas e mergullarse nelas na busca de coñecementos. Nesta semana celebramos tamén a semana AMIComo sabedes, este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade porque ao longo dos séculos a transmisión oral ten sido moi importante, antes e despois dos libros. Dende as aulas temos que seguir achegándonos a eses saberes e esas emocións; ademáis de traballar a palabra en tódalas súas dimensións, xa que é unha constructora fundamental do pensamento.