Alumnos e alumnas do sexto curso de Educación Infantil.

Ola compis!

Benvidas  a este espazo compartido do equipo de Educación Infantil. Pretende ser un punto de encontro no que organizar, comunicar e compartir materiais e experiencias arredor do proxecto “Por terra, mar e aire”, desenvolvido co alumnado de educación Infantil durante o curso 2025-2026.

O proxecto xira arredor da exploración dos medios de transporte, dos animais e da investigación, tres eixos que espertán o interese natural das nenas e dos nenos por coñecer o mundo que os rodea. A través de diferentes propostas, búscase promover a curiosidade, o pensamento crítico e o uso responsable das tecnoloxías dixitais como ferramenta de aprendizaxe.

Este espazo nace coa intención de favorecer a comunicación e a coordinación entre o profesorado do ciclo, facilitando o acceso a recursos comúns, planificacións e información relevante. Aquí poderemos ir recollendo documentos, materiais de apoio e exemplos de boas prácticas que poidan resultar útiles na organización diaria e na posta en marcha das nosas actividades.

A idea é manter unha canle aberta, colaborativa e dinámica, que nos axude a seguir aprendendo xuntas e a mellorar o noso traballo co alumnado.

Comezamos a nosa viaxe!!