Section outline

  • nz
    O vindeiro xoves, 27 de marzo, contamos coa visita de Nélida Zaitegi no noso centro, dentro das actividades do Proxecto de Formación relacionado coa convivencia. Nélida é unha das persoas que máis leva traballado neste tema no eido da educación nos últimos anos e aí embaixo deixamos algún enlace para que consultedes. 

    A idea inicial, cando solicitamos esta modalidade de formación, era dar resposta, por un lado, á baixa colaboración que parecía haber entre o profesorado e se expresaba nas nosas propias enquisas de fin de curso; por outro, establecer pontes de colaboración coas familias. Teremos por tanto unha sesión con dúas partes: na primeira, de 16,30 a 17,30h (aprox), unha charla dirixida ao profesorado. Na segunda, de 17,30 a 19h., daremos paso ás familias para, entre todos e coa axuda da experta, analizar a nosa problemática relacionada coa convivencia e comezar a buscar solucións.

    Aí van un par de enlaces cos seus artigos e perfil. Xuntamos tamén o nº 5 da revista Convives que ela dirixe. Neste sitio iremos engadindo os materiais que resulten da sesión ou nós elaboremos.