• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Aulas/Especialidades
    • Educación Infantil
    • 1º Primaria
    • 2º primaria
    • 3º primaria
    • 4º primaria
    • 5º primaria
    • 6º primaria
    • Inglés
    • Música
    • Educación Física
    • Audición e Linguaxe
    • Pedagoxía Terapéutica
  • Equipos docentes
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Equipo TICs
    • Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Radio Patio
    • Actividades da biblioteca
  • Plan PROXECTA
    • Actividades Nutriescolas
    • Blog de nutriescolas
    • Proxecto ríos
  • Comedor escolar
  • Galerías
    • Galería
    • Coppermine
    • Álbums

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Aulas/Especialidades
    • Educación Infantil
    • 1º Primaria
    • 2º primaria
    • 3º primaria
    • 4º primaria
    • 5º primaria
    • 6º primaria
    • Inglés
    • Música
    • Educación Física
    • Audición e Linguaxe
    • Pedagoxía Terapéutica
  • Equipos docentes
    • Equipo de Dinamización da Lingua Galega
    • Equipo TICs
    • Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Radio Patio
    • Actividades da biblioteca
  • Plan PROXECTA
    • Actividades Nutriescolas
    • Blog de nutriescolas
    • Proxecto ríos
  • Comedor escolar
  • Galerías
    • Galería
    • Coppermine
    • Álbums

Miga de pan

  • Inicio
  • ALMORZO SAUDABLE

ALMORZO SAUDABLE

Con motivo do Día Internacional do Desayuno, que se celebra o 13 de febreiro, no noso centro decidimos conmemoralo o pasado xoves 20 de marzo coa II edición da actividade “Almorzo saudable”, enmarcada no programa Nutriescolas dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. Tras o éxito acadado o curso pasado, esta nova edición volveu ter unha acollida moi positiva, sendo unha actividade que gustou moito a todo o alumnado.

Desde primeira hora da mañá, alumnado e profesorado xuntámonos para gozar dun almorzo equilibrado, nun ambiente cheo de alegría. Ademais de degustar alimentos saudables, tivemos a oportunidade de compartir un espazo común no que a música e o baile tamén estiveron moi presentes. Mesmo nos animamos a cantar algún tema do Xabarín, lembrando con agarimo a actuación do curso pasado que tanto lles gustara aos nosos nenos e nenas.

 Queremos facer unha mención especial ao alumnado máis maior, que colaborou de maneira exemplar na recollida do material ao remate da actividade, demostrando responsabilidade e compañeirismo. Así mesmo, agradecemos tamén a implicación de todo o profesorado, xa que entre todos e todas fixemos posible a preparación desta convivencia tan enriquecedora.

Foi unha experiencia moi especial que nos permitiu seguir concienciando sobre a importancia dunha alimentación saudable ao tempo que reforzamos os lazos dentro da comunidade educativa. Deixamos un vídeo para que poidades ver o ben que o pasamos!

Este “Almorzo Saudable” consolídase así como unha actividade de referencia no centro, e agardamos poder seguir repetíndoa nos vindeiros cursos, fomentando hábitos de vida saudable e creando momentos compartidos.

Actividades Nutriescolas
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CEIP Ortigueira