1
E TI, QUE FAS PARA ESTAR SAN?
Carlos Mariño Pego


Como todos sabemos a práctica de actividade física moderada a diario aporta un montón de beneficios para a nosa saúde. Entre eles:

1. O noso corazón e os nosos pulmóns faranse máis grandes e traballarán mellor.
2. O nosos ósos faranse máis fortes e resistentes.
3. Coñeceremos mellor o nosos corpo e as posibilidades que ten.
4. Aumentará a nosa concentración polo que será bo para os nosos estudos.
Coñeceremos xente e teremos máis amigos.



Para os rapaces e rapazas da vosa idade, as recomendación de actividade física son:

1.Polo menos unha hora de actividade física diaria.
2.Cinco días de práctica á semana, ou máis.
3.A intensidade do exercicio debe ser a suficiente.
4.Debe incluír exercicios de forza e flexibilidade.



Hai varios signos de que estamos facendo ben o exercicio físico:

1.Entramos en calor ao pouco tempo de empezar.
2.O corazón latéxanos máis rápido.
3.A nosa respiración tamén se acelera.
4.Podemos falar mentres facemos a actividade, aínda que nos custa un pouquiño.



Todo o exercicio físico que facedes a diario é axeitado para vós. Algúns exemplos:

Andar en bicicleta.
Xogos de pilla
Deportes: fútbol, baloncesto,...
Correr.
Patinar.
Nadar.



Está claro que o que comemos tamén inflúe na nosa saúde. Hai alimentos que son mellores para manter un corpo e unha mente san.



As froitas e verduras son moi recomendables para a nosa saúde xa que son alimentos que nos aportan unha gran cantidade de:

1. Vitaminas.
2. Minerais.
3. Fibra.
4. Hidratación.

O número de racións deste tipo de alimentos recomendado é de cinco ao día.



Os alimentos ricos en azucres e graxas saturadas poden provocar, co tempo, un montón de problemas de saúde no noso corpo, polo que é mellor tomalos poucas veces á semana.
Os alimentos procesados (bollería industrial, chuches, comida rápida,...) son alimentos cunha gran cantidade de azucres e graxas saturadas.



Unha alimentación variada, con abundancia de froitas e verduras, legumes, pasta, peixe, carne,..., moi poucos doces e chuches, e evitando os alimentos procesados. Non está ben abusar de ningún tipo de alimento e todos teñen o seu aporte para o noso organismo.



Sabías que a vida xurdiu hai millóns de anos na auga? Sabías que tres cuartas partes do Planeta Terra é auga? Sabías que o 75% do peso dun bebé é auga?
A auga é o elemento máis importante da natureza e os seres vivos necesitámolo para poder sobrevivir.


Para estar sans, os seres humanos necesitamos unha correcta hidratación. A hidratación vai depender dos líquidos que tomamos e dos líquidos que perdemos ou expulsamos do corpo.
Hidratámonos bebendo e con algunha comida e perdemos líquidos pola ouriña, feces, a respiración e suor fundamentalmente.



Sen dúbida a mellor opción para hidratarse é a auga. Tamén os zumes, o leite, sopas, infusións,... Os refrescos son a peor opción se é que queremos ter unha hidratación axeitada.



1. Beber ao redor de 2 litros de líquido ao día.
2. Escoller, preferiblemente, a auga para hidratarse.
3. Non esperar a ter sede para beber.
4. Beber auga non só nas comidas se non tamén entre elas.
5. Se fas exercicio ou se vai moita calor, hai que hidratarse aínda máis.



Sabes de onde ven a palabra ‘hixiene’? Nin o imaxinas!! Ven dunha deusa grega chamada ‘Hixea’, deusa da saúde e prevención de enfermidades. Como vedes, hixiene e saúde están totalmente relacionadas.
Cando escoitamos a palabra hixiene, sempre nos ven á mente o aseo persoal, e é verdade que iso é hixiene, pero en actividade física hai outras cousas a ter en conta.



Para facer exercicio, igual que para ir a unha voda, ou para ir a durmir,.., non facemos os mesmos preparativos, xa que cada tipo de actividade vai precisar unhas cousas ou outras.
Antes de facer unha actividade física debemos:

1. Prepara a roupa axeitada para a actividade: roupa cómoda e calzado deportivo.
2. Levar sempre auga para hidratarnos e, se é posible, roupa para mudarnos despois da actividade.
3. Preparar o noso corpo con exercicios de quecemento e estiramentos.



1. Realizar o exercicio cunha intensidade axeitada á nosa idade e nivel.
2. Respectar as precaucións indicadas para cada tipo de actividade.
3. Recordar hidratarse ben durante o exercicio, non esperar a sentir sede.



1. Non parar a actividade de forma brusca (de repente) para recuperar as pulsacións e a respiración pouco a pouco.
2. Facer exercicios de estiramentos para axudar á recuperación da musculatura.
3. Recordar hidrataranos xa que durante o exercicio perdemos moito líquido.
4. Se é posible, asearse, secarse ben e cambiar a roupa mollada polo suor.

NOTA SOBRE OS DEREITOS DE AUTOR

Todas as imaxes utilizadas para a realización deste paquete de actividades LIM, foron descargadas de xeito legal para a súa libre utilización con finalidade educativa da web: pixabay.com; a execpción do 'X' da activiade de memoria e da imaxe da deusa Hype que se obtiveron dos arquivos libres da Wikipedia.

CONTACTO

maisqueximnasia@gmail.com