Partes da pantalla principal de Tinkercad.

Qué podemos facer con Tinkercad?

O primeiro que debedes saber é que Tinkercad non é soamente un programa de deseño en 3D.  Aínda que non o imos traballar neste obradoiro, tamén podemos deseñar circuitos electrónicos (simular e comprobar o seu funcionamento), crear presentacións dun deseño e incluso crear un proxecto que o agrupe todo. De seguido volo explico.


DESEÑO 3D

Esta é o apartado co que imos traballar. Tinkercad traballa partindo de obxectos/figuras xa prediseñadas (Lowpoly), o que imos facer é modificar estes obxectos cambiando as medidas/dimensións  xa existentes. Igual que cos "canteiros" imos dar forma as figuras quitando ou engadindo partes destes obxectos prediseñados.


Para facelo debemos ter escollida a opción "deseños 3D" e pulsar despois en "crear un deseño". 


sexto paso tinkercad

Pero este apartado  ímolo ver polo miudo, a través duns videos na seguinte lección.


CIRCUITOS

Aínda que parece un nivel moi avanzado para nenas/os, o deseño de circuitos simples é doado. 

Para explicar a seguinte utilidade farémolo cun exemplo.

Imos facer que prenda unha lámpara led.


Para entrar en circuitos imos darlle a opción "circuitos" e despois a "crear novo circuito"


paso uno circuitos

Abrirase a seguinte pantalla


paso dos circuitos

Neste vídeo vemos como crear un circuito moi sinxelo.

    

  

最后修改: 2021年03月4日 星期四 18:06