Creei este curso para que teñamos un lugar común para colgar todas as actividades que vaiamos facendo (requisito deste ano).

A maioría que fai este curso é para poder acreditar horas na CD (competencia dixital) e conseguir completar horas do B2. Lembrade, os puntos máis difíciles de conseguir son o 5 (apoderamento do alumno) e o 6 (desenvolvemento da competencia dixital do alumno). 

Entón, as tarefas que subades deben estar dirixidas cara a eses dous puntos. Os dous sextos que fixeron o programa de radio, sería un bo exemplo: creación dun guión, gravación e preparación do programa (traballo con audacity, baixar música de youtube, convetirla a mp3, mezclar todo, ...). Tamén vale se gravastes un vídeo con eles. O importante é que o alumno sexa o que realice a acción, non o/a titor/a. 

Importante: Os indicadores de logro

Son os enunciados que identifican unha conduta que expresa o nivel de aptitude alcanzado nunha competencia. Estes representan os coñecementos, destrezas e actitudes que, de forma integrada, permiten describir de forma observable os desempeños característicos para un nivel e competencia. 

ACREDITACIÓN A TRAVÉS DE EVIDENCIAS 

Para a acreditación da CDD entregaranse as evidencias e a documentación xustificativa que acredite a autoría destas. A persoa deberá indicar en todas as evidencias presentadas a que área ou áreas se axustan.