Escolle o teu avatar
Caixa de Entrada
Non hai correos aquí aínda.
📚 Correos de Exemplo
Compara un correo ben escrito cun que precisa mellorar.
📚 Correos de Exemplo
Compara un correo ben escrito cun que precisa mellorar.
Asunto: Dúbida sobre a tarefa de Coñecemento do Medio
Bos días, mestra:
Escríbolle porque non entendo moi ben o exercicio 3 da páxina 45. Podería explicarme se hai que debuxar o mapa ou só pór os nomes?
Moitas grazas pola axuda.
Un saúdo,
María (5ºA)
Asunto: (Sen asunto)
PROFE NON ENTENDO NADA do libro que hai que facer dimolo xa
(Usa maiúsculas que parece que berras, sen saúdo nin despedida)
CCO: lucia@alumnos.gal; marin@alumnos.gal; roque@...
Asunto: Invitación ao meu cumple o sábado! 🎂
Ola a todos e todas!
Gustaríame invitarvos á miña festa o sábado ás 17h no parque. Agardo que poidades vir!
Apertas,
Beni
Asunto: Festa de cumple
Vedes á miña festa todos.
(Ao poñelos todos en 'Para', cada persoa pode ver e copiar o correo privado de todos os demais. Mal feito!)
Asunto: URXENTE: GAÑACHES UN MEGAPREMIO!!!
Preme AQUÍ agora para darnos os teus datos e recibir o teu premio xa!
(Asunto que mete presa, correo extrano, pide datos... É UNHA ESTAFA! Non premas e marca como Lixo/Spam.)
Asunto: Renovar préstamo do libro "O Principiño"
Ola, boas tardes:
Escríbovos para pedirvos se podo renovar o préstamo do libro "O Principiño" unha semana máis, xa que aínda non o rematei de ler.
Moitas grazas.
Saúdos,
Lucas (6ºB)
Asunto: libro
necesito mas tiempo para el libro no lo acabe aun chao
(Asunto moi curto, sen saúdo adecuado, e sen indicar que libro é nin quen es.)
Asunto: Traballo de Ciencias
Ola equipo,
Envío adxunto a miña parte do traballo sobre as plantas para que a poidades revisar. Acordádevos de xuntalo mañá na clase.
Vémonos mañá!
Beni
Asunto: traballo ciencias
aqui esta o de ciencias mirao tu
(Deixou fóra a outros do grupo e non explicou nada.)
🛡️ Privacidade e Tipos de Copia
Aprende cando usar Para, CC e CCO para protexer os datos dos teus compañeiros/as.
🛡️ Privacidade e Tipos de Copia
Aprende cando usar Para, CC e CCO para protexer os datos dos teus compañeiros/as.
A persoa principal á que lle envías a mensaxe e da que esperas resposta.
Xente que queres que lea a mensaxe para estar informada, pero non teñen que responder. Todos os que o reciban, verán o enderezo dos demais (non é privado).
Igual que o CC, pero ninguén verá a quen máis llo enviaches. Úsase cando envías a moita xente para protexer a súa privacidade (ex: convidar a unha festa a moito alumnado).