Inicio
Escolle unha das ferramentas no menú lateral para comezar a traballar.
Benvido/a a Chroma Studio
Esta ferramenta axudará ao teu alumnado a planificar, gravar e editar as súas propias noticias para o telexornal do centro usando un croma verde.
Guións de Noticias
Completa o formulario para crear guións estruturados e xerar un Teleprompter para a gravación.
Fichas Visuais
Para os máis pequenos, crea fichas de gravación grandes e claras coa información que necesitan.
Post-Produción
Consulta o titoral de Kdenlive ou organiza os clips no panel Kanban ata obter a peza final.
Cubride este formulario cos datos da vosa noticia. Ao rematar, obteredes un PDF tipo Prompter co voso guión listo para o obradoiro de Croma.
Presentádovos e dicide de que ides falar hoxe.
Gardar e Recuperar traballos: Para gardar o progreso e non perdelo, premede "Gardar" (descarga un arquivo). Para continuar logo, premede "Cargar", buscade o arquivo descargado e subídeo para seguir. Cando rematedes, descargade o arquivo final e xerade o voso Guión PDF!
Interface pensada para Infantil e 1º a 4º EP. Permite xerar fichas imprimibles moi visuais para que os nenos/as saiban que teñen que dicir e onde colocarse.
Asigándolle as frases por orde, os alumnos tocan tódalas partes da noticia:
- Toma 1 - A Entrada: O mestre/a di algo xunto coa clase (Ex. "Ola! Somos a clase dos golfiños de 4ºEI!").
- Toma 2 - O Titular: Un par de alumnos contan o suceso central (Ex. "Hoxe atopamos un parrulo no patio!").
- Toma 3 - Os Detalles: Outros din como foi ou quen estaba (Ex. "Ata nos achegamos amodiño para velo").
- Toma 4 - A Despedida: Toda a clase despídese xunta á cámara (Ex. "Adeus! Devolvemos a conexión!").
Gardar e Recuperar traballos: Para gardar o progreso e non perdelo, premede "Gardar" (descarga un arquivo). Para continuar logo, premede "Cargar", buscade o arquivo descargado e subídeo para seguir. Cando rematedes, descargade o arquivo final e xerade o voso Guión PDF!
Titorial de Edición de Vídeo
Sigue estes pasos básicos para usar o Kdenlive nos portátiles Abalar.
Consellos Graves para a Gravación (Croma)
- Roupa: Asegúrate de que ninguén vista de cor verde (ou da cor da túa tea) para que non sexan invisibles.
- Iluminación: A luz debe ser uniforme. Evita as sombras duras sobre a tea do croma para que o efecto sexa limpo ao borrar o fondo.
- Son: Falade alto, claro e dirixindo a voz cara ao micrófono da cámara ou tableta.
- Posición: Non vos peguedes moito á tea verde por detrás para evitar que a luz rebotada vós tinxa de verde os ombreiros.
1 Descarga e Importación
Conecta a tableta Android ao portátil mediante o cable USB. Abre o explorador de ficheiros, busca o vídeo bruto e cópiao no cartafol "Vídeos" do portátil.
No Kdenlive: Arrasta o arquivo de vídeo dende o cartafol "Vídeos" ata a xanela de "Contedor do Proxecto" (arriba á esquerda).
2 Montar na Liña de Tempo
Arrasta o teu vídeo dende o "Contedor do Proxecto" ata a pista de vídeo V2 (moi importante que quede un oco na pista V1 debaixo).
3 O Efecto Croma (Chroma Key)
No panel superior vai á pestana de Efectos e busca "Chroma Key" (ou Manipulación de Croma). Arrasta o efecto directamente por enriba do corte de vídeo que tes na pista V2.
No panel de propiedades do efecto, fai clic no contagotas (icona de conta pingas) e despois fai clic xusto no fondo verde do monitor de vista previa para borrar o verde.
4 Colocar a Imaxe de Fondo
Importa a túa foto do estudo de televisión ao "Contedor do Proxecto" (igual que fixeches co vídeo). Agora, arrástraa ata a pista de vídeo V1 (xusto debaixo do teu vídeo que está na V2).
Estira dende os bordes da foto ata cubrir toda a duración do corte de vídeo.
5 Exportar a Noticia Final
Vaise ao menú principal: Proxecto > Procesar (Render). Elixe formato MP4, dálle un nome como "Noticia_5A" e pulsa "Procesar a ficheiro". Agarda a que a barra chegue ao 100%.
Controlade en que punto da produción está a noticia de cada aula. Podedes mover as tarxetas cara adiante cando rematedes de gravar ou de editar.