Clic, a mascota

COIDÁMONOS NA REDE

Netiqueta e seguridade · 4º de Primaria

Aprendemos a coidarnos na Rede, coa axuda de Clic.

▶

1. Mira o vídeo

✎

2. Fai a ficha

★

3. Xoga con Clic

As unidades

Unidade 1

Contrasinais fortes

Imos aprender a crear un contrasinal forte cunha frase secreta.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: O meu contrasinal é longo, secreto e só meu.

Unidade 2

Quen hai detrás da pantalla?

Na Rede non sempre sabemos quen escribe: imos aprender a desconfiar e a pedir axuda.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Na Rede xogo, pero non me fío de quen non coñezo.

Unidade 3

Xogos con cabeza

Imos aprender a ler a etiqueta de idade dos xogos (PEGI) e a pactar o tempo coa familia.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Xogo con cabeza: xogos da miña idade e no meu tempo.

Xoga con Clic

Despois de cada ficha, entra na actividade «Xoga con Clic» e toca o teu curso (4º). Fai as tres unidades, gaña estrelas e consegue o Carné de Navegante da Rede.

🔊 Clic le en voz alta as preguntas. O xogo garda o que levas feito: podes deixalo e seguir outro día.

Para as familias

Na casa podedes lembrar as tres regras de Clic deste curso:

  • Contrasinais fortes: O meu contrasinal é longo, secreto e só meu.
  • Quen hai detrás da pantalla?: Na Rede xogo, pero non me fío de quen non coñezo.
  • Xogos con cabeza: Xogo con cabeza: xogos da miña idade e no meu tempo.

Mellor se ven os vídeos e xogan con vós ao carón: así podedes falar do que aprenderon.

Para o profesorado

Editor de fichas

Cambia textos e imaxes das fichas, activa a letra OpenDyslexic e imprime ou garda en PDF. Ábreo desde a actividade «Editor de fichas» e escolle 4º. Tamén podes descargar cada ficha editable e abrila no teu ordenador:

⬇ Ficha 1 editable⬇ Ficha 2 editable⬇ Ficha 3 editable

Ábrense con Chrome, Firefox ou Edge. A guía docente coas solucións está no cartafol FICHAS do proxecto: non a compartas co alumnado.

Os pictogramas das fichas B son de Sergio Palao. Orixe: ARASAAC (https://arasaac.org). Licenza: CC (BY-NC-SA). Propiedade: Goberno de Aragón (España).
Creado por Beni Suárez Suárez, coordinador de Polos Creativos · CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Última modificación: martes, 13 de outubro de 2026, 3:36 PM