Clic, a mascota

COIDÁMONOS NA REDE

Netiqueta e seguridade · 3º de Primaria

Aprendemos a coidarnos na Rede, coa axuda de Clic.

▶

1. Mira o vídeo

✎

2. Fai a ficha

★

3. Xoga con Clic

As unidades

As regras do foro da clase
Unidade 1

As regras do foro da clase

Imos aprender a escribir no foro da aula virtual con respecto e boas palabras.

▶ Vídeo en preparación📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: No foro escribo como me gusta que me escriban.

Unidade 2

Fotos: primeiro pido permiso

Antes de facer ou compartir a foto dunha persoa, pídolle permiso.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Antes dunha foto, primeiro pido permiso.

Unidade 3

Xanelas que saltan e premios falsos

Imos aprender a descubrir xanelas e premios falsos e a non premer.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Se brilla moito, desconfío.

Xoga con Clic

Despois de cada ficha, entra na actividade «Xoga con Clic» e toca o teu curso (3º). Fai as tres unidades, gaña estrelas e consegue o Carné de Navegante da Rede.

🔊 Clic le en voz alta as preguntas. O xogo garda o que levas feito: podes deixalo e seguir outro día.

Para as familias

Na casa podedes lembrar as tres regras de Clic deste curso:

  • As regras do foro da clase: No foro escribo como me gusta que me escriban.
  • Fotos: primeiro pido permiso: Antes dunha foto, primeiro pido permiso.
  • Xanelas que saltan e premios falsos: Se brilla moito, desconfío.

Mellor se ven os vídeos e xogan con vós ao carón: así podedes falar do que aprenderon.

Para o profesorado

Editor de fichas

Cambia textos e imaxes das fichas, activa a letra OpenDyslexic e imprime ou garda en PDF. Ábreo desde a actividade «Editor de fichas» e escolle 3º. Tamén podes descargar cada ficha editable e abrila no teu ordenador:

⬇ Ficha 1 editable⬇ Ficha 2 editable⬇ Ficha 3 editable

Ábrense con Chrome, Firefox ou Edge. A guía docente coas solucións está no cartafol FICHAS do proxecto: non a compartas co alumnado.

Os pictogramas das fichas B son de Sergio Palao. Orixe: ARASAAC (https://arasaac.org). Licenza: CC (BY-NC-SA). Propiedade: Goberno de Aragón (España).
Creado por Beni Suárez Suárez, coordinador de Polos Creativos · CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Última modificación: martes, 13 de outubro de 2026, 3:35 PM