Clic, a mascota

COIDÁMONOS NA REDE

Netiqueta e seguridade · 1º de Primaria

Aprendemos a coidarnos na Rede, coa axuda de Clic.

▶

1. Mira o vídeo

✎

2. Fai a ficha

★

3. Xoga con Clic

As unidades

Unidade 1

A cidade da Rede

Internet é coma unha cidade enorme. Imos aprender a ir sempre da man dun adulto.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Na cidade da Rede, vou sempre da man dun adulto.

Unidade 2

Palabras amables

Imos aprender a saudar, dar as grazas e falar con amabilidade tamén na pantalla.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Na pantalla tamén falo con palabras amables.

Unidade 3

Para, pecha e conta

Se algo na pantalla me fai sentir mal: paro, pecho e cóntollo a un adulto.

📝 Ficha «Agora ti!»

Versións adaptadas:

Aa A · Letra OpenDyslexic☺ B · Pictogramas

A regra de Clic: Se algo me fai sentir mal: PARA, PECHA e CONTA.

Xoga con Clic

Despois de cada ficha, entra na actividade «Xoga con Clic» e toca o teu curso (1º). Fai as tres unidades, gaña estrelas e consegue o Carné de Navegante da Rede.

🔊 Clic le en voz alta as preguntas. O xogo garda o que levas feito: podes deixalo e seguir outro día.

Para as familias

Na casa podedes lembrar as tres regras de Clic deste curso:

  • A cidade da Rede: Na cidade da Rede, vou sempre da man dun adulto.
  • Palabras amables: Na pantalla tamén falo con palabras amables.
  • Para, pecha e conta: Se algo me fai sentir mal: PARA, PECHA e CONTA.

Mellor se ven os vídeos e xogan con vós ao carón: así podedes falar do que aprenderon.

Para o profesorado

Editor de fichas

Cambia textos e imaxes das fichas, activa a letra OpenDyslexic e imprime ou garda en PDF. Ábreo desde a actividade «Editor de fichas» e escolle 1º. Tamén podes descargar cada ficha editable e abrila no teu ordenador:

⬇ Ficha 1 editable⬇ Ficha 2 editable⬇ Ficha 3 editable

Ábrense con Chrome, Firefox ou Edge. A guía docente coas solucións está no cartafol FICHAS do proxecto: non a compartas co alumnado.

Os pictogramas das fichas B son de Sergio Palao. Orixe: ARASAAC (https://arasaac.org). Licenza: CC (BY-NC-SA). Propiedade: Goberno de Aragón (España).
Creado por Beni Suárez Suárez, coordinador de Polos Creativos · CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Última modificación: martes, 13 de outubro de 2026, 3:34 PM