.
🏝️ O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visita a illa de Sálvora
O alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria do noso centro educativo realizou una fantástica viaxe para visitar a illa de Sálvora. A aventura comezou moi cedo viaxando en autobús ata O Grove, onde embarcamos rumbo á illa. A bordo do barco, aproveitamos para merendar e gozar da navegación antes de poñer un pé nesta paraxe natural tan especial.
🧜♀️ A mítica Serea de Sálvora
Nada máis chegar á illa dounos a benvida unha preciosa estatua dunha serea esculpida en pedra.
🗺️ Rutas e natureza
Dividímonos en catro grupos para explorar a illa. Puñemos rumbo cara á zona onde aniñan as gaivotas patiamarelas coas súas pequenas crías. No camiño, pasamos polo antigo lavadoiro, onde puidemos ver uns cabalos salvaxes. Tamén vimos a famosa Fonte da Telleira.
🏭 "O Almacén" e o Pazo
Aprendemos moito sobre a antiga construción que preside a praia, coñecida como "O Almacén". Comezou sendo unha das primeiras fábricas de salazón de Galicia no século XVIII, logo funcionou como almacén e conserveira, e máis tarde transformouse nun pazo con dúas torres. No futuro está previsto que sexa un museo!
⚓ A aldea e o faro
Tamén percorremos as rúas da aldea abandonada e entramos no interior da súa antiga escola. Despois viaxamos cara ao faro, cuxo pasado xa coñeciamos ben na aula grazas á noticia que traballamos sobre o heroico rescate do naufraxio do barco Santa Isabel no ano 1921.
🚌 Para rematar o día, regresamos ao Grove onde xantamos nun parque e disfrutamos dun merecido intre de xogos todas e todos xuntos!