Deixando Pegada

Promoción de Educación Primaria

O alumnado de Educación Primaria que remata a súa etapa no noso centro educativo vai deixar unha pegada inmorredoira. Para simbolizar este camiño percorrido, imos gravar os seus nomes e o ano da súa graduación nunha peza de KAPLA, os emblemáticos listóns de madeira de construción.

NOME APELIDO 2026

Estas pezas tan especiais mesturaranse cos xogos habituais do colexio. Deste xeito, os nenos e nenas que están por vir ou que xoguen con elas no futuro, poderán lembrar a todo o alumnado que formou parte da nosa historia.

"Unha parte de vós queda para sempre nos xogos e na memoria do centro."

Ademais, no futuro, cando este alumnado regrese a visitarnos, poderá buscar a súa propia peza entre os xogos de KAPLA, escavar nos recordos e revivir os vellos e felices momentos pasados nas nosas aulas.

Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Última modificación: luns, 8 de xuño de 2026, 8:08 PM