Booktrailers
Proxecto Booktrailer na Radio da Escola 📚🎙️
Neste espazo imos crear booktrailers, é dicir, pequenas recomendacións de libros que vós mesmos e vós mesmas ides preparar a partir das lecturas da nosa biblioteca… e logo gravar na radio do centro! 🎧
Que é un booktrailer?
Un booktrailer é como o tráiler dunha película, pero dun libro. Serve para despertar a curiosidade doutras persoas e conseguir que lles entren gañas de ler ese libro.
No noso caso faremos un booktrailer radiofónico: en vez de facelo en vídeo, gravarémolo na radio da escola. Vós seredes as locutoras e locutores que contan, con vosa voz, por que ese libro paga a pena.
Que terás que facer?
- Escoller un libro que liches da biblioteca e que che gustara.
- Pensar que o fai especial: a historia, os personaxes, o misterio, o humor…
- Preparar unha pequena presentación para convencer a outras persoas de que o lean.
- Coidar de non contar o final nin os segredos máis importantes (¡sen spoilers!).
- Ensaiar o teu guión e vir á radio para facer a gravación.
Non se trata de facer un resumo do libro, senón de crear un anuncio atractivo que deixe a quen escoita con ganas de ir correndo á biblioteca a buscalo. 😉
Como imos traballar
A continuación terás dispoñible un documento-guía para descargar, onde se explica paso a paso:
- A información que tes que recoller sobre o libro.
- As preguntas que che axudan a preparar o teu guión.
- As partes que debe ter o teu booktrailer para que quede claro e interesante.
1º completa a guía co teu libro,
2º revisa o texto co profesorado,
3º e despois imos á radio gravar o teu booktrailer.
Prepara a túa mellor voz… a biblioteca e a radio están agardando por ti! 📖✨