Que facemos
- Iniciación ao deseño 3D con Tinkercad: formas básicas, medida e simetrías.
- Proxectos con propósito: marcapáxinas, chaveiros, pezas para xogos, soportes, sinalética do centro…
- Aprendizaxe de fluxos de traballo dixitais e resolución creativa de problemas.
Como traballamos (fluxo sinxelo)
- Deseñar en Tinkercad (medidas reais, grosor mínimo e unión das pezas).
- Exportar o modelo a
.STL. - Preparar para imprimir en Slic3r/PrusaSlicer → File > Load Config Bundle… e cargar o perfil do centro.
- Imprimir na nosa impresora (perfil axustado para Creality K1).
- Revisión: comprobar resistencia, tolerancias e melloras para a seguinte versión.
Equipamento
- Impresora 3D (Creality K1) con filamento PLA.
- Software: Tinkercad (deseño), Slic3r/PrusaSlicer (preparación de pezas).
- Perfil de impresión do centro para obter bo acabado e fiabilidade.
Seguridade e boas prácticas
- Non tocar a impresora mentres está en marcha; a boquilla e a cama quentan moito.
- Manter o espazo ordenado e o cableado recollido.
- Deseñar con grosor mínimo recomendado (≥ 2 mm) e bordes redondeados cando sexa posible.
💡 Comezamos!