Como é a nosa radio
A radio escolar do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes é un proxecto aberto onde o alumnado prepara guións, realiza entrevistas, crea cuñas e grava podcast. A través desta actividade trabállanse a expresión oral, a escoita activa, o traballo en equipo e a competencia dixital.
Equipamento
- Mesa de mesturas con canles independentes para micrófonos e música.
- Controis de volume (faders) e equalización para mellorar o son.
- Entradas e saídas para conectar micros, auriculares e o ordenador de gravación.
Que facemos na radio
- Booktrailers.
- Programas informativos e culturais do centro.
- Entrevistas a profesorado, familias e persoas convidadas.
- Podcast creados nas aulas e proxectos dos Polos Creativos.
🎧 Comezamos!