🧩 Como acceder a Tinkercad para comezar a deseñar en 3D

1) Abre o navegador (recomendado: Google Chrome) e entra en:

🔗 tinkercad.com/join

2) Na páxina verás opcións para entrar como estudante. Escolle a que che indique o/a profe.

Opción A · Con código de clase
  1. Preme en «Estudante: únete á túa clase».
  2. Introduce o código da clase que che dará o/a profe e preme Ir á clase.
  3. Escribe o teu nome ou alcume (se o centro usa alcumes).
💡 Se non che entra o código, comproba maiúsculas/minúsculas e que non haxa espazos.
Opción B · Sen código (crear conta)
  1. Preme en «Crear unha conta» e escolle «Estudante».
  2. Indica a data de nacemento.
  3. Pide permiso a unha persoa adulta (precisarase o seu correo electrónico para verificar).
🔐 Recoméndase que as contas estudantís se creen/coordinan desde o centro para maior seguridade e control.

Que é Tinkercad?

Tinkercad é unha ferramenta sinxela e divertida para deseñar obxectos en 3D. Podes crear chaveiros, letras co teu nome, pezas para montar e moito máis… e imprimilos na impresora 3D do cole.

  • Funciona no navegador (sen instalar programas).
  • Garda os proxectos automaticamente na túa conta.
  • Permite compartir modelos co profesorado para avaliar e imprimir.

Entrar en Tinkercad

Última modificación: venres, 3 de outubro de 2025, 7:35 PM