
CANTOS DE REIS
LICENCIA PEDIMOS
De lonxe viñemos
os que aquí chegamos
Se nos dan licencia
Os reises cantamos
CATRO MANCEBOS
https://youtu.be/FHuyUbFHndg?si=_l6y9hKiNxWyCKan
Catro mancebos xuntiños
eiquí xuntiños estamos
e tan cansados os catro
que é preciso alimentarnos.
Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos
sabe Dios se pra outro ano
á porta lles cantaremos!
Chorizo, pois, longaniza,
uña de porco, ou fuciño
ou de xamón, dúas tortillas
con dous xarriños de viño.
Abran a porta, señores,
que por honrados nos temos
sabe Dios se pra outro ano
á porta lles cantaremos!
Esta vai por despedida
hoxe, eiquí, non canto outra
os señores desta casa
doxe un ano me oian outra!
BUSCANDO UNHA ESTRELA
https://youtu.be/DeO3SoDn8uk?si=2Y9VjOM8aiQ7N0kJ
OS PITIÑOS
BUSCABAN UNHA ESTRELA
E CANDO A ATOPARON
BAILARON CON ELA
LAI LARA LAI LARA LAI
A QUEN QUERES TI ALUMEAR?
AO NENO QUE XA NACEU
NESTA NOITE DE NADAL
OS GATIÑOS
BUSCABAN UNHA ESTRELA
E CANDO A ATOPARON
BAILARON CON ELA
LAI LARA LAI LARA LAI
A QUEN QUERES TI ALUMEAR?
AO NENO QUE XA NACEU
NESTA NOITE DE NADAL
OS PEIXIÑOS
BUSCABAN UNHA ESTRELA
E CANDO A ATOPARON
BAILARON CON ELA
LAI LARA LAI LARA LAI
A QUEN QUERES TI ALUMEAR?
AO NENO QUE XA NACEU
NESTA NOITE DE NADAL
METIDO NUN OVO
https://youtu.be/y7zHzU5oCHk?si=rngTG1qAOA1MVfCp
Os tres reises magos
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.
Lupe de Caveira
failles o café,
Esperanza de Macario
peneira de pé. (bis)
Escoiten señores
o aguinaldo novo
que naceu o neno
metido nun ovo.
Escoiten señores
o aguinaldo vello
que naceu o neno
metido nun cesto.
Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.
De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes. (bis)
AI ARRUNRÚN
Aló arriba acurrucados
Por debaixo da pendella
Están comendo xuntas
Unha vaca e unha ovella
Ai arrunrún
Dúrmete meu neno
Ai arrunrún
Que che quero ben!
Durme logo meu neniño
Vaite xa para a camiña
Que vai vir o apalpador
Apalparte a barriguiña
Ai arrunrún
Dúrmete meu neno
Ai arrunrún
Que che quero ben!
Ai que neno máis bonito
Ai que ganiñas me da
De comerlle a cara a bicos
De gordo e branco que está
Ai arrunrún
Dúrmete meu neno
Ai arrunrún
Que che quero ben!
OVOS E TORRESMOS
https://youtu.be/Uk4coSTuQUY?si=GPQyNBnM5ev3NRkF
Aguinaldo pido
con disposición
ovos e torresmos
caixas de turrón
O aguinaldo imos
O aguinaldo andamos
Se nos dan as fabas
Tamén as tomamos
Dea o aguinaldo
Se o quere dar
Que bastantes porcos
Ten para matar
Dea o aguinaldo
Anque sexa pouco
Touciño e medio
E a metade doutro
Dea o aguinaldo
Señora casada
Ovos e torresmos
Fan boa empanada
Dea o aguinaldo
Señora solteira
Cartos ou torresmos
O que vosté queira
Mociñas casadas
E mailas solteiras
Ide sacudindo
Esas faltriqueiras
Dea o aguinaldo
Queremos marchar
Vimos de moi lonxe
E hai moito que andar
PEDIMOS O AGUINALDO
Dádeno-lo aguinaldo
que nos queremos marchar
que vimos desde moi lonxe
temos moito que andar
GUEDELLOS DE CABRA
https://youtu.be/Y5sCawrS_X0?si=s3DvQS420Nk29Ess
CANTAMOSCHE OS REISES, GUEDELLOS DE
GUEDELLOS DE CABRA.
CANTAMOSCHE OS REISES.
NON NOS DECHES NADA.
Sómol-os reises do quiquiriquí
vimos a ver qué nos botan eiquí.
sómol-os reises do cacaracá
vimos a ver qué nos botan alá!
Sómol-os reises da «cabra fanada»
viñemos eiquí: Non nos deron nada.
Aquí vimos catro, cantaremos oito
déanos o aguinaldo, fociño de cocho!
ó aguinaldo vimos, ó aguinaldo andamos
se nos dan touciño, tamén o levamos!
Sómol-os reises do quiquiriquí
se non nos dan nada... cagámoslle eiquí!
CANTO DE REIS DE RINLO
https://youtu.be/Ks0KrBTYZ1s?si=SnGqyMX8dkfSTiUX
A Virxe María
E mais San Xosé
Chegaron a Belén
Montados nunha burra ai e!
Chegaron, petaron
Pousada non lles deron
Volveron a petar
Nos outros portales ai e!
E díxome Melchore, A Baltasare
Que tan rei eres ti coma min
E eu coma ti, e somos douses
E dixo Melchore, a Baltasare
A estrela que marca o camiño
Estanos dicindo que hai que apurare
O AGUINALDO
https://youtu.be/NvxAuvJT23E?si=Ixy0dqQ5VlqLg_kI
Día de reis, día de reis
Primeira festa do ano
Entre damas e doncelas
Imos pedi-lo Aghinaldo
Se queren
Da-lo aghinaldo
Non nos faghan agardare
Somos de lonxanas terras e temos moito que andare
E ese señor Emilio
Posto nunha vidrilleira
Parece unha rosa fina,
Cando sae da roseira
E ese señor Luis
Moito lle pinta a chaqueta
Meta a man
No seu bolsillo e tíreme unha peseta
De quen son ese botines
Que están debaixo da cama
Son da señorita Olga
Que ten cara de madama
E ese señor Tomás
Moito lle pinta o sombreiro
Meta a man no seu bolsillo
Deanos unn pouco de diñeiro
Aquí vén, aquí vén
A vella co aguinaldo
Parécenlle moitos cartos
E algo vaille quitando
Estas portas son de ferro
Aquí vive un cabaleiro
Estas portas son de estopa
Aquí vive un l apasopas