• Os Maios 22/05/26

    Esta galería está protexida cun contrasinal.

    • Icona Páxina
      .

      🌸 Celebración da festa dos Maios e as Letras Galegas no centro

      O noso colexio vestiuse de flores para celebrar a tradicional festa dos Maios 2026, dedicado nesta ocasión á homenaxeada das Letras Galegas Begoña Caamaño. A xornada comezou cun ambiente festivo espectacular mentres todo o alumnado desfilaba e pasaba por un fermoso arco decorado para dar a benvida oficial ao acto. Tras a presentación oficial, arrancou o evento coa estrea da nova sintonía da radio escolar elaboradoa por Xoán Fórneas.

      👶 Educación Infantil e Primeiro Ciclo

      O acto contou co fío condutor de varias intervencións teatrais que lembraron as orixes en Vigo, a etapa na Radio Galega e a traxectoria literaria da autora homenaxeada.

      O alumnado de Educación Infantil encheu o escenario de folclore bailando a Carrasquiña e A Saia da Carolina. Pola súa parte, os nenos e nenas de Primeiro Ciclo de Primaria (1º e 2º) deleitáronnos coas danzas tradicionais do Maio sentado e o Maio de pé.

      👦 Segundo Ciclo, 5º e 6º de Primaria

      O alumnado de 3º e 4º de Primaria ofreceu unha danza de roda en directo combinando o Chote de Leirado coa Gymnopédie nº 1 de Erik Satie, seguida polo baile e canto de Pano Corado.

      Os cursos superiores mostraron un gran despregue: un grupo de 5º realizou unha peza instrumental Orff en directo co Verdegaio, mentres que outro grupo protagonizou unha divertida batalla de rimas improvisadas nunha Regueifa. Ademais, realizouse unha coreografía co tema Morriña e o emotivo Baile de Cintas como despedida para o alumnado que remata os seus estudos no centro.

      🎁 Gran sorpresa

      O momento máis inesperado da xornada chegou coa a actuación sorpresa do profesorado! Deixando a un lado os libros e os encerados por uns minutos, os mestres e mestras subiron ao escenario para agasallar a todos os asistentes cunha espectacular muiñeira que fixo vibrar a todo o colexio.

      🌟 Un broche de ouro inesquecible

      A festa rematou cos agradecementos a todo o alumnado, profesores e familias, con todo o público en pé cantando con orgullo o Himno Galego e un unánime desexo: ¡Feliz Día dos Maios!

    • Icona Páxina
      Vídeo da celebración dos Maios