Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. AULA P.T.
  3. TAXONOMÍA DE BLOOM
  4. ACTIVIDADES BASEADAS NA TAXONOMÍA DE BLOOM

ACTIVIDADES BASEADAS NA TAXONOMÍA DE BLOOM

Requisitos do completado
Abertas: martes, 16 de abril de 2024, 12:00 AM
Pendente: martes, 23 de abril de 2024, 12:00 AM
Actividades para o proxecto "Aprendemos coa música e as TICS" dirixidas ao alumnado de Educación Infantil baseadas na Taxonomía de Bloom.

Táxonomía de Bloom
   

"OS INTRUMENTOS MUSICAIS"

1ª TAREFA: RECORDAR

O alumnado observará o seguinte vídeo sobre os ditintos instrumentos musicais e o son que producen. A continuación terá que lembrar cada un deles, co que fomentaremos a memoria e a discriminación auditiva. Utilizaranse tamén tarxetas de vocabulario imaxe-palabra.

https://www.youtube.com/watch?v=bJxvOBi6wqA

Sonidos intrumentos

  
2ª TAREFA: COMPRENDER
Despois de visualizar o vídeo, o alumnado terá que relacionar cada instrumento co seu son. Elixiremos algúns dos intrumentos do vídeo e farémolos soar dúas veces para que comprendan e relacionen cada un deles co son que producen. 


piano de cola  trompeta  batería

     el piano                     la trompeta                            la batería


3ª TAREFA: APLICAR

O alumnado terá que poñer en práctica o aprendido. Levarémolos á aula de música e primeiro seleccionarán os instrumentos escoitados previamente. Despois elixirán un e tocarán o que máis lles guste. Por último faremos unha pequena composición musical entre todos.

4ª TAREFA: ANALIZAR

O alumnado visualizará o seguinte vídeo sobre "Os instrumentos e as súas familias". A actividade consiste en clasificar os instrumentos que temos na aula de música e cos que previamente xa se traballou, para clasificalos en corda, vento ou percusión.

familias de instrumentos  


5ª TAREFA: AVALIAR

Nesta tarefa o alumnado ten que debater sobre os instrumentos musicais traballados na aula, comentando os seus gustos persoais sobre cal é o seu favorito, explicando aos seus compañeiros por que elixe ese en concreto e comentando as características do instrumento elixido.

6ª TAREFA: CREAR

A última tarefa consiste en que cada alumno/a debuxe o seu instrumento favorito e a continuación facer unha composición con todos os debuxos, para crear un mural dos instrumentos musicais, clasificados por familias, que se expoñerá no taboleiro de exposicións do colexio. 

Un exemplo podería ser o seguinte:

mural corda  mural vento  mural percusión


 


Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle