A Terra e a Lúa

A Terra e o seu satélite, a Lúa

A Terra

A Terra ten forma esférica achatada nos polos. O seu diámetro é de 12.700 km.

Realiza dous movementos:

  • Rotación.
Movemento sobre o seu exe. Dura un día e orixina os días e as noites.
  • Translación.
E o xiro arredor do Sol e dura un ano.

 

 

A Terra está formada por 3 capas:

  • Xeosfera.
Está formada por rochas e metais. Divídese en codia, manto e núcleo.
  • Hidrosfera.
É o conxunto de augas que cobren a xeosfera,
  • Atmosfera.
É a capa de aire que rodea o planeta.

A Lúa

É unha esfera de 3476 km de diámetro.

Non ten nin atmosfera nin hidrosfera.

Xira sobre si mesma e sobre a Terra en 29 días e medio.

Ao longa da súa translación observámola en diferentes fases lunares.

Inflúe na Terra:

  • Eclipses. Cando oculta total ou parcialmente o Sol.
  • Mareas.Son as subidas de nivel do mar cada seis horas.

 

 

Responde a estas preguntas

Contesta se é verdadeiro ou falso:

Pregunta 1

1. O conxunto de augas que cubren a xeosfera chámase atmósfera.

Suxestión


Pregunta 2

2. O mevemento de rotación é o que realiza a Terra arredor do Sol.

Suxestión

Pregunta 3

3. A Lúa carece de hidrosfera e de atmosfera.

Suxestión

Pregunta 4

4. O movemento de translación da Lúa sobre a Terra dura 25 días.

Suxestión

Pregunta 5

5. As mareas nos océanos da Terra son unha influencia da Lúa.

Suxestión