Como engadimos distintos tipos de ficheiros ao curso
O módulo ficheiro de Moodle permite ao profesorado achegar un ficheiro como un recurso para o curso.
O alumnado deberá ter instalados no seu computador os programas que permitan abrir ditos ficheiros.
O tipo de arquivos que máis imos a empregar neste recurso será o de arquivos en pdf.
Na páxina do curso aparecerá unha ligazón a dito ficheiro cunha icona identificativo do tipo de ficheiro.
Para engadir un ficheiro a un tema do curso, haberá que seguir os seguintes pasos:
- Activar o modo edición.
- No tema que se desexe, pulsar sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
- Seleccionar a opción "Ficheiro".
- Finalmente pulsar o botón "Engadir"

Igual que con todos os demais recursos, neste caso tamén é necesario introducir e configurar algúns datos para a creación dunha ligazón ao ficheiro, como por exemplo un "nome" que identificará a este ficheiro e un pequeno texto a modo de "descrición" da propia páxina.
XeralNome = Introducimos un nome que servirá como título para o ficheiro.
Descrición = Escribimos un pequeno texto descritivo do ficheiro. Presentar a descrición na páxina do curso = Se está activado, a introdución/descrición anterior presentarase na páxina do curso xusto embaixo da ligazón á actividade/recurso.
Ficheiro seleccionado = Aquí será onde deberemos introducir o ficheiro...
