3.1 Funcionamento dos Foros
Requisitos do completado
Os foros son as canles de comunicación naturais nun curso na Rede. Haberá cando menos estes foros:
- Foro de novas, avisos e anuncios
Funciona como un taboleiro de anuncios onde unicamente pode publicar a titoría, os participantes non. Calquera mensaxe publicada neste foro recíbenna TODOS os participantes do curso. Aquí publicaranse as novas de importancia nas que sexa iimprescindible comunicar a todo o alumnado.
- Foro de consultas do Módulo...
Cada tema ten o seu foro de consultas. Este foro é común a todos os grupos do curso.
Se sabemos a resposta a unha entrada no Foro podemos respondela e contestala.
Cando teñamos mensaxes novas (non lidas) a aula virtual informa deste xeito:
Última modificación: domingo, 6 de setembro de 2020, 3:09 AM