Axudante
Ola Usuario convidado! Neste apartado fágoche un resumo de todas as tarefas reflectidas no libro do tema "Somos científicas e científicos" que iremos realizando pouco a poco durante o desenvolvemento do tema 5 para achegar ao teu portfolio.
Recorda que serán avaliadas, no teu Libro de cualificacións do curso, unha vez rematado o tema.
PREME no título da tarefa para acceder a ela no libro de contidos.

Tarefas Responder Escribir
1.0 DEBATEMOSCal é a diferenza entre ciencia e opinión. Elaborar entre toda a clase un listado de feitos científicos e outro de opinións. Unha vez rematado, copialo no caderno.

Tareas Responder colorear escribir Cortar pegar
1.1 REVISAMOS. Repasamos as fases do método científico completando a planilla facilitada que achegaremos ao noso caderno.

Tarefas colorear escribir Recortar 
1.2 CONSTRUÍMOS. Imos elaborar un carné de persoa científica que nos acompañará ao longo dos nosos experimentos segundo o modelo facilitado.

Tareas  Escribir Decorar Cortar Pegar
2.0 MEDIMOS A MASA E VOLUME. Imos medir a masa e volume dun obxecto seguindo os pasos facilitados na seguinte guía de traballo.

Tarefas Observar Escribimos Recortamos Pegamos  
2.1 INVESTIGAMOS: En parellas, imos analizar as propiedades específicas de diversos materiais empregando a guía de traballo facilitada. 

Tarefas Montar Colorear Escribimos Pegar Explicar
2.2 ELABORAMOSPor parellas, imos elaborar un esquema que explique o proceso de cambio dos estados da materia empregando o material facilitado na guía de traballo.

Tareas clasificar colorear cortar Pegar Escribir
2.3 CLASIFICAMOS: Imos clasificar distintos tipos de mesturas segundo sexan homoxéneas e heteroxéneas segundo o modelo facilitado.

Tareas experimentar Escribir Debuxamos Expór
2.4 EXPERIMENTAMOS:
 Imos realizar varios experimentos nos que empregaremos os métodos de separación de mesturas traballados neste tema:
     - Separación por filtración.
     - Separación por imantación.
     - Separación por evaporación.

Tareas experimentar Escribir Decorar Explicar
2.5 EXPERIMENTAMOS
. Para completar o traballo de investigación sobre os métodos de separación de mesturas, imos realizar unha separación de mesturas polo método de destilación.

Tarefas Pescudamos Colorear Recortar Pegar Expór
3.0 PESCUDAMOS: Busca en revistas e xornais para reciclar imaxes dod distintos tipos de enerxía para poder crear un collage segundo a guía de traballo facilitada.

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear Explicar
3.1 EXPERIMENTAMOS: Imos comprobar como se produce a refracción da luz seguindo os pasos que che indicamos no modelo de ficha.

Tarefas Experimentar Escribir Colorear Explicar
3.2 EXPERIMENTAMOS. Imos comprobar como se despraza o son polo aire en forma de ondas segundo a planilla facilitada.

Tarefas escribir colorear
3.3 MANS Á OBRA. Para poder organizar todos os experimentos imos realizar a portada do noso caderno científico.

Tareas Pantalla interactiva
4.1 REPASAMOS. Agora imos a recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema titulado "Somos científicas e científicos". Comprobo o que sei.

Tareas Buscar escribir colorear Cortar pegar
4.2 MAPA CONCEPTUAL: Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Última modificación: martes, 24 de decembro de 2024, 2:12 AM