Libro de contidos do tema "Inventamos máquinas"

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Libro de contidos do tema "Inventamos máquinas"
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 22 de novembro de 2025, 6:27 AM

1. As máquinas

Axudante
Ola, pequenas inventoras e inventores!
Imos entrar nun mundo máxico onde as cousas non camiñan, pero traballan para nós!

Sabedes por que unha bicicleta se move, como unha lavadora limpa ou por que os coches fan "broom"?
Todo iso é grazas ás máquinas, as nosas axudantes invisibles (¡e non tan invisibles!) que fan que a vida sexa moooito máis sinxela.
Descubriremos como funcionan estas marabillas e, quen sabe, quizais vos animedes a crear unha máquina incrible algún día! 

Equipo de creación deste curso. As máquinas e as súas funcións. CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS. Que importancia teñen as máquinas na nosa vida diaria?. Facemos un listado das máquinas que empregamos na casa e outro das que empregamos no cole. Unha vez rematado, copialo no caderno.

1.1. Funcións

Axudante
As máquinas fan que os traballos sexan máis fáciles, usan enerxía para mover cousas, cortar, levantar ou transformar obxectos.

As máquinas axúdannos a realizar as seguintes tarefas:

Tarefas  Falamos Escribir Colorear Regortar Pegar 
EXPERIMENTAMOS. Imos comprobar como se despraza o so son polo aire en fora de ondas segundo a planilla facilitada.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

1.2. Funcionamento

Axudante

As máquinas funcionan transformando enerxía (como a forza das mans, a electricidade ou o combustible) en movemento para realizar tarefas. 

A continuación veremos algúns exemplos da enerxía que precisan:

Equipo de creación deste curso. Funcionamento das máquinas. CC BY-SA

Tarefas Responder Colorear Escribir Recortar Pegar
 PESCUDAMOS. Clasificamos diferentes máquinas e aparatos segundo a súa forma de funcionar completando a planilla facilitada que achegaremos ao noso caderno.

1.3. Tipos de máquinas

Axudante
Existen dous tipos de máquinas: as simples, como poleas e planos inclinados, e as compostas, como coches ou robots.

As máquinas simples están feitas por moi poucas pezas, mentres que as máquinas complexas están feitas con moitas pezas

Equipo de creación deste curso. Tipos de máquinas. CC BY-SA

Tarefas Relacionar Escribimos Recortamos Pegamos  
RELACIONAMOS: Emparellamos cada máquina e aparato co tipo de máquina ao que pertence, segundo o número de pezas que a forman, empregando a guía de traballo facilitada. 

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta guía:
Ficha modelo

1.4. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Preparado/a para crear un aparato que emita luz artificial?
Imos aló! 

Tareas  colorear Creamos 
CONSTRUÍMOS. Imos elaborar un aparato que emita luz (farola, candil, lanterna, sirena...) seguindo o modelo facilitado.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Planilla de traballo

2. Normas de uso

Axudante
Usa máquinas atendendo ás instrucións, protección, limpeza, apagándoas ao rematar e evitando forzalas para maior seguridade. 

Seguir as normas é tan importante como saber usalas!.

Equipo de creación deste curso. Normas de emprego das máquinas. CC BY-SA

Tarefas  Pensar  Escribimos Pegar Explicar Escribir Colorear
ELABORAMOS. Imos elaborar un folleto de normas de uso das máquinas segundo a seguinte guía de traballo.

3. Inventos

Axudante
Ola Usuario convidado!
Os inventos son creacións incribles que solucionan problemas ou facilitan a vida.
Algúns cambiaron o mundo, como a roda! 

Os inventos e os descubrimentos melloraron a nosa forma de vivir.

Equipo de creación deste curso . Os inventos do pasado e do presente. CC BY-SA

Tareas  Debater escribir colorear  
DEBATEMOS. Que inventos consideras que foron os máis importantes ao longo da historia. Facemos unha listaxe e logo entre todas as persoas da clase decidimos cales foron os máis importantes. Copiamos no caderno a listaxe final.

3.1. Do pasado

Axudante
No pasado, inventos como a roda, o lume ou o arado revolucionaron a humanidade, transformando como vivíamos e traballábamos.

Os principais avances conseguidos foron grazas aos seguintes descubrimentos: 

Equipo de creación deste curso. Inventos do pasado. CC BY-SA

Tarefas Pensar Construír colorear cortar Pegar 
CONSTRUÍR: Por parellas, imos construír un carro con materiais de reciclaxe segundo a guía facilitada.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

3.2. Do presente

Axudante
Hoxe temos inventos como smartphones, robots e internet que conectan, axudan e facilitan as nosas vidas todos os días.

Os principais avances conseguidos clasificámolos en tres  bloques: 

Equipo de creación deste curso. Inventos do presente. CC BY-SA

Todos os avances en comunicación non serían posibles sen o descubrimento de internet.

Tarefas Pensar clasificar Escribir Debuxamos recortar
CLASIFICAMOS:
Imos clasificar os inventos e descubrimentos en función do pasado ou presente, seguindo o modelo facilitado.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

3.3. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Hoxe imos ser persoas inventoras e dar vida ás nosas creacións cun motor que se moverá grazas á nosa maxia eléctrica!
Preparado/a para o desafío?

Tareas crear Escribir Decorar Explicar
INVENTAMOS
. Para completar o traballo pescudaremos como realizar un circuíto cun motor que fará mover algún aparello creado por nós seguindo as instrucións facilitadas.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta planilla:
Planilla de traballo

4. Internet

Axudante
Internet é unha rede mundial que conecta persoas, información e dispositivos, permitindo aprender, comunicarse e divertirse en segundos. 

Equipo de creación deste curso . Internet e as súas normas. CC BY-SA

Tarefas Pescudamos Debater Escribir
DEBATEMOS: Pensamos e debatemos sobre todas aquelas cousas que podemos facer en internet e grazas a internet. Elaboramos unha listaxe con todas elas no noso caderno.
    - Que pasaría se non existise internet?

4.1. Normas de uso

Axudante
Internet é un gran descubrimento que cambiou o mundo.
Usa sempre a rede con responsabilidade!

Seguir as seguintes normas axúdache a estar seguro e aproveitar mellor a rede:

Equipo de creación deste curso. Normas para uso de internet. CC BY-SA

Para investigar ou buscar información en Internet debemos empregar un buscador.
Fíxate ben nos pasos a seguir para buscar información:

Equipo de creación deste curso. Emprego do buscador de Internet. CC BY-SA

Tarefas Pensamos Debatemos Recortar Explicar Pegar
INVESTIGAMOS: Imos elaborar unha nova sobre o tema das máquinas e aparatos coa axuda de Internet seguindo os pasos que che indicamos no modelo de ficha.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Ficha modelo

4.2. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos elaborar unha infografía que recolla a nosa investigación sobre as máquinas e aparellos. 
Mans á obra!!

Tareas Crear escribir colorear explicar
MANS Á OBRA. Para poder organizar todos os datos recollidos sobre as máquinas, na actividade anterior, imos elaborar unha infografía segundo a guía de traballo.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Guía traballo

5. Revisamos o aprendido

Axudante
Parabéns Usuario convidado!
Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!

Tareas Pantalla interactiva
REPASAMOS. "Comprobo o que sei". Agora imos a recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema titulado "Inventamos máquinas".

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar o mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega estas planillas:

Mapa conceptual