Presentación do tema
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Libro: | Presentación do tema |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | domingo, 23 de novembro de 2025, 5:41 PM |
Descrición
1. Sinto curiosidade

Ola Usuario convidado!
Comezamos unha aventura apaixonante no mundo da ciencia!
Imos descubrir xuntos como funciona o método científico, unha ferramenta moi especial que usan as persoas científicas para responder preguntas e atopar solucións.
Equipo de creación deste curso. Somos científicas e científicos. CC BY-SA
2. Somos científicas e científicos.

Seguimos.
Para iso, exploraremos algo que temos ao noso redor todos os días: as propiedades da materia. Como é? Que pode facer? Por que se comporta como o fai? Todas estas preguntas serán o noso punto de partida!
Prepárate para pensar, experimentar e descubrir como unha persoa científica.
Imos aló!
Equipo de creación deste curso. Somos científicas e científicos. CC BY-SA
3. Canto sei...

Agora imos realizar un xogo de preguntas para ver canto sabes sobre a materia e o método científico. Reláxate para xogar, xa que non teremos en conta a puntuación que acades.
Empregaremos a aplicación de Kahoot!
Ánimo e sorte!
Empregaremos a aplicación de Kahoot!
Ánimo e sorte!
Preme na ligazón da imaxe e engade o número da sesión que aparece na pantalla de clase.