Libro de contidos do tema "Como medramos!"

Sitio: CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro
Curso: Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria
Libro: Libro de contidos do tema "Como medramos!"
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 22 de novembro de 2025, 6:27 AM

1. Etapas da vida

Axudante
Ola Usuario convidado!
Comezaremos recordando as cousas que xa sabes!
Presta moita atención á seguinte curta!!

As persoas imos cambiando ao longo da nosa vida e pasamos por varias etapas: Infancia, adolescencia, idade adulta e ancianidade.

Equipo de creación deste curso. As etapas da vida. CC BY-SA

1.1. Características das etapas

Axudante
Nas seguintes actividades imos repasar as caracerísticas de cada unha destas etapas!!

As persoas imos cambiando ao longo da nosa vida e pasamos por varias etapas: Infancia, adolescencia, idade adulta e ancianidade.

1.2. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos repasar todo o que aprendiches sobre as etapas da vida.
Deberás realizar a seguinte tarefa no teu portfolio.
Ánimo e adiante!

Tareas clasificar escribir colorear colorear pegar
MONTAMOS UN FLIPBOOK. Imos completar un flipbook empregando a planilla facilitada:
Primeiro buscaremos imaxes de persoas e clasificarémolas segundo a etapa á que pertenzan.
Segundo, completaremos cada ficha coas características de cada etapa.
Por último, decoraremos cada etapa e recortaremos as fichas.
E para rematar, montaremos coas diferentes etapas o flipbook.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega esta planilla:
Planilla

2. Funcións vitais

Ao igual que todos os seres vivos, as persoas realizamos 3 funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Axudante
Observa a seguinte curta e descubrirás como funciona o noso corpo.

Equipo de creación deste curso. Funcións vitais. CC BY-SA

3. A función de relación

A función de relación permítenos percibir o que pasa ao noso arredor e reaccionar ante iso.

Axudante
Os sentidos envían información ao cerebro, que dá ordes ao corpo para actuar, como movernos cando vemos vir unha pelota cara nós.

Equipo de creación deste curso. Función de relación. CC BY-NC-SA

3.1. Percibimos e actuamos

Axudante
Recorda! Percibimos o que ocorre a través dos sentidos, o cerebro e os nervios.

Equipo de creación deste curso. Os sentidos. CC BY-NC-SA

Equipo de creación deste curso. Función de relación. CC BY-NC-SA

Tarefas Recortar Escribir
PESCUDAMOS: Busca en revistas unha imaxe dunha persoa en acción (saltando, correndo, bailando…). Recórtaa e pégaa na ficha facilitada. Por último, completa co que crees que pasou para que reaccionase así.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Función de relación

3.2. Movémonos

Axudante
Non te esquezas: Unha das reaccións máis comúns do noso corpo é o movemento. Para movernos, usamos o aparato locomotor, formado polo esqueleto e os músculos.

Equipo de creación deste curso. Aparato locomotor. CC BY-NC-SA

Tarefas Pescudamos Recortar Colorear Escribir
PESCUDAMOS; Segue buscando en revistas unha imaxe dunha persoa na que se observen todas as extremidades. Marca en cor, sobre a imaxe, as articulacións que che indicamos no modelo de ficha.
Unha vez que remates, recorta e relaciona o nome coa articulación.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Álbum de invertebrados

3.3. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos repasar todo o que aprendiches sobre a función de relación.
Deberás realizar as tarefas que che indico a continuación.
Ánimo e adiante!

Tareas clasificar colorear escribir colorear pegar
CREAMOS UN ATLAS DO CORPO. Imos montar un atlas do corpo humano co aprendido neste tema segundo as instrucións facilitadas:
Primeiro monta o caderno co modelo facilitado.
Segundo, elabora unha portada do teu atlas.
Por último, dedica cada páxina a un aparato. Comezaremos completando as páxinas dos sentidos e do aparato locomotor.

Axudante
Para realizar a tarefa emprega este modelo:

Instrucións atlas do corpo  Atlas corpo humano

4. A función de nutrición

Axudante

Das substancias que comemos o noso corpo obten unhas máis pequenas chamadas nutrientes.
Observa no gráfico para que emprega o noso corpo eses nutrientes.

A nutrición

No proceso da nutrición interveñen os seguintes aparatos: dixestivo; respiratorio; circulatorio e excretor.

Equipo de creación deste curso. Función de nutrición. CC BY-SA

4.1. Aparatos que interveñen

Axudante
Agora imos afondar nos 4 aparatos que interveñen na nutrición.

No proceso da nutrición interveñen os seguintes aparatos: dixestivo; respiratorio; circulatorio e excretor.
No seguinte libro veremos como actúa cada un destes aparatos.

Equipo de creación deste curso. Aparatos da función de nutrición. CC BY-SA

Tarefas  Responder
DEBATEMOS. Que pasaría se algún destes aparatos deixa de funcionar correctamente.

4.2. Traballamos no portfolio

Axudante
Ola Usuario convidado! Agora imos completar o noso atlas cos novos aparatos que coñeces.
Ánimo!!

Tareas escribir colorear colorear pegar
MANS Á OBRA. Recopila a información que traballaches sobre aos aparatos que empregamos na nutrición e completa o teu  Atlas do corpo humano empregando os modelos que che facilitamos.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega estas planillas:

Instruccións para montar o atlas    Atlas do corpo humano

5. A función de reprodución

Axudante
Por último, imos ver en que consiste a función de reprodución.
Presta moita atención!

Equipo de creación deste curso. Función reprodutora. CC BY-SA

Tarefas Responder Escribir
DEBATEMOS Que pasaría se as persoas non realizarán a función de reprodución. Primeiro, anotaremos todas as suxerencias que fagades na pizarra de clase. Unha vez rematado, seleccionamos as mellores aportacións e .anotarémolas no caderno de clase.

5.1. Traballamos no portfolio

Axudante
Imos co repaso da última función das persoas!!
Moitos parabéns por ter chegado ata aquí
!!

Tareas Pescudar dibuxar cambiar cromos Recortar Pegar   
INVESTIGAMOS. Para realizar esta tarefa busacaremos entre todos e todas o nome dos órganos de reprodución feminino e masculino. Posteriormente, completaremos os esquemas que se facilitan.
Cando teñas o esquema completo, pegaralo no teu caderno.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega este modelo:

Planilla de traballo

6. Revisamos o aprendido

Axudante
Parabéns Usuario convidado!
Xa case estamos chegando ao final, pero quédannos por facer as actividades máis divertidas.
A investigar!!

Tareas Pantalla interactiva
REPASAMOS. Agora imos recordar, de forma lúdica na pantalla interactiva, todo o que traballamos neste tema "Como medramos!".

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
INVESTIGAMOS SOBRE A NOSA SAÚDE. Imos revisar como estamos de oído e como late o noso corazón seguindo as instrucións facilitadas na planilla:
 - Oído: para revisar o oído preme na ligazón

Tareas Buscar un animal escribir colorear colorear pegar
MAPA CONCEPTUAL. Para rematar este tema, deberás completar a mapa conceptual que se achega na planilla. Poderás revisar todo o material facilitado no apartado de "Informarse e aprender" deste tema.

Axudante
Para realizar as tarefas emprega estas planillas:

Coidams da saúde   Mapa conceptual