Folla de ruta do tema 6
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Libro: | Folla de ruta do tema 6 |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | domingo, 23 de novembro de 2025, 3:04 PM |
1. Primeiros pasos

Ola Usuario convidado!
Chegamos ao noso último e emocionante tema do curso: "Inventamos máquinas". Neste tema, imos descubrir como funcionan diferentes máquinas que usamos no noso día a día.
Preparádevos para explorar o mundo das máquinas que fan o noso traballo máis sinxelo e divertido. Dende simples ferramentas ata complexas máquinas, aprenderemos como funcionan e para que serven.
Será unha aventura chea de descubrimentos e aprendizaxes prácticas!
Estades preparados e preparadas para convertervos en persoas inventoras e enxeñeiras?

2. Informarse e apreder
Antes de comezar a nosa aventura, na sección de "Informarse e aprender" presentámosvos o noso libro de contidos para o tema "Inventamos máquinas".
Imos comezar esta emocionante viaxe ....
Presentación do tema
ObrigatoriaNa lámina de presentación do tema atoparedes imaxes e unha curta cos que descubriremos a importancia das plantas e de crear un horto.Pescudamos sobre Inventamos máquinas
Obrigatoria No libro de contidos "Como montar un horto escolar" pescudaredes sobre as plantas e dos pasos a seguir para montar un horto escolar.Mapa mental do tema Inventamos máquinas
Obrigatoria Este mapa axudaranos a ter una visión do conxunto do tema. É unha forma visual e divertida de coñecer máis sobre as as plantas e os pasos a seguir para montar un horto.
3. Compartir e comunicar
Aquí atoparás o bloque Compartir e comunicar e dentro del o Foro de consultas. Déixame explicarche para que se emprega o foro:
Foro de consultas
OpcionalEste espazo está creado para que poidades facer todas as preguntas que teñades sobre o tema "Inventamos máquinas". Aquí poderedes compartir as vosas dúbidas, curiosidades ou calquera cousa que queirades saber máis a fondo. Ademais, podedes axudar respondendo as preguntas das que saibades a resposta. Imos aproveitar este foro para aprender en equipo e resolver todas as nosas inquedanzas sobre este tema.
Animádevos a participar!
4. Traballar e avaliar
Es unha persoa de acción?
Se é así, na sección Traballar e avaliar atoparás as túas misións neste tema! Estas tarefas son avaliables, e a súa cualificación quedará reflectida no teu libro de cualificacións:
Tarefas do portfolio
ObrigatoriasAquí recollemos un resumo das tarefas obrigatorias que hai que facer ao longo do tema e que aparecen recollidas dentro do libro "Inventamos máquinas" no apartado de Traballando no portfolio.Tarefas interactivas
ObrigatoriasEstas tarefas interactivas tamén sumarán no teu libro de cualificacións. Son moi fáciles e divertidas, así que non deixes de facelas.-
Proba de avaliación inicial do tema 6
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Proba de avaliación final do tema 6
ObrigatoriasNesta ligazón aparecerá a proba de avaliación que realizaremos de forma colaborativa coa ferramenta de Kahoot! Será moi fácil e divertida. -
Repositorio de materiais para a unidade 6
OpcionalNesta base de datos, a persoa que titoriza o curso, ofrecerá recursos e ligazóns de interese para o desenvolvemento desta unidade.