Folla de ruta do curso
| Sitio: | CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro |
| Curso: | Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria |
| Libro: | Folla de ruta do curso |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 21 de novembro de 2025, 4:46 PM |
1. Primeiros pasos

Dámoslle a benvida, Usuario convidado! Nesta primeira estación de Presentación queremos que te familiarices co curso e a plataforma seguindo esta folla de ruta. Para iniciar o seu traxecto, preme en Seguinte que atoparás nos laterais desta páxina, sobre as iconas do menú superior ou no índice de contidos do libro.
Boa viaxe!
Boa viaxe!
2. Informarse e apreder
Na sección Informarse e aprender atoparás o material de consulta que recolle os contidos que artellan cada un dos temas do curso de ciencias naturais. Neste apartado de presentación atoparás a programación oficial do curso e que servirá para que a túa familia estea informada do que ti estás a fecer en clase. Así, a lectura desta programación deixalla á túa familia.
Guía didáctica, recursos multimedia empregados e documentación do curso.
Aquí está accesible a Guía didáctica do curso, a relación dos recursos multimedia empregados, a documentación do curso e unha ligazón para poder descargar o curso e instalalo na aula virtual doutro centro educativo.Programación de ciencias naturais de 2º de EP
Aquí descríbese o proxecto que desenvolverás ao longo do curso xunto co modo de avaliarte. Esta información, como xa che comentei está destinada aos teus familiares.
3. Comunicarse e aprender
Pode que ti ou a túa familia queiras facer algunha achega ou solventar algunha dúbida. Para iso atoparás o bloque Comunicarse e compartir. Déixame explicarche para que se emprega cada foro:
Foro de consultas
OpcionalTes dúbidas? Se cadra alguén pode axudarche! Fai aquí as túas consultas relacionadas co traballo neste curso. Para unha comunicación privada con outra persoa participante ou coa titoría, recomendámosche empregar a mensaxaría interna da plataforma, que podes atopar na fita superior (
). Foro de novas, avisos e anuncios
RestrinxidoA titora ou titor publicará neste foro as novidades do curso. Como disto xa nos encargamos nós, non require que fagas nada ?.
4. Traballar e avaliar
Na sección Traballar e avaliar atoparás a túa primeira misión neste curso! Esta tarefa non é avaliable, pero a nós resultaranos de moita utilidade para poder dar comezo a este curso:
Tarefa 0. Proba de avaliación inicial
Nos primeiros días de curso realizaremos esta pequena proba de Kahoot a modo de xogo que nos servirá para ver cantas cousas xa sabes de anos anteriores en relación cos Natureza. Non será avaliable, así que: tranquilo e divírtete con ela.

























